Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital

2024/2025 · 90 créditos

Que se aprende

No primeiro cuadrimestre o alumnado fortalece os seus coñecementos fundamentais e aprende os contidos básicos de outras disciplinas, coa finalidade de establecer as bases fundamentais da xestión do patrimonio cultural dixital. O segundo cuadrimestre permite especializar e diversificar o coñecemento sobre a xestión dixital do patrimonio en diferentes ámbitos, e aprender a utilizar tecnoloxías específicas para esta xestión.

No segundo curso, o alumnado realiza prácticas curriculares, de carácter obrigatorio, en empresas ou institucións. Asimesmo, debe realizar un traballo fin de máster no que demostre a súa capacidade de poñer en práctica os contidos teórico-instrumentais nun contexto determinado.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O máster ten unha orientación profesionalizante, esencialmente volcada en capacitar aos estudantes para poder desenvolver actividades relacionadas co patrimonio cultural dixital tanto no marco da empresa privada como nas institucións públicas que se dedican ou se poden dedicar ao seu tratamento.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 15 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Fin de Máster Obrigatorio 15 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.