Máster Universitario en Intelixencia Artificial

2024/2025 · 90 créditos

Que se aprende

Ainda que a área de aprendizaxe automática é sen dúbida a disciplina de IA que máis popularidade está a acadar, gracias á recente e vertixinosa mellora experimentada nese tipo de técnicas, en realidade, case todos os sistemas intelixentes sofisticados requiren o uso combinado con outras áreas da IA, tales como a representación do coñecemento, o razoamento automático, o recoñecemento de imaxe ou da fala, as tecnoloxías da linguaxe, os sistemas multiaxente ou a robótica autónoma. O máster consta de nove asignaturas obligatorias e unha oferta de 18 asignaturas optativas, todas elas englobadas dentro de sete materias principáis: Fundamentos da IA, Razoamento, Aprendizaxe Automática, Procesamento da Linguaxe Natural, Visión por Ordenador, Robótica e IA aplicada.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

A Intelixencia Artificial é unha das disciplinas tecnolóxicas que está a experimentar un maior potencial de crecemento, tanto na incesante consecución de novos avances como na aplicación a un sinfín de dominios, cubrindo ámbitos tan importantes como o socioeconómico, o industrial, o financieiro, o sanitario, o transporte e a enerxía, a ciencia e innovación ou o entretemento, por mencioar os máis relevantes. A demanda de especialistas en IA afecta en maior ou menor medida a todos estes sectores e se prevé que vaia en aumento da man da imparable transformación dixital que se está a producir nos mesmos.

Contorno profesional no que se sitúa

O principal entorno profesional do MIA é sobre todo o do sector TIC galego, dada a distribución da titulación entre as tres universidades públicas galegas. O últimos informes do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA 2021) indican que o sector TIC na nosa comunidade abarca arredor dunhas 3000 empresas directamente relacioadas coas tecnoloxías da información e as comunicacións, que aportan un Valor Engadido Bruto que supón un 2,7% do PIB da comunidade e un volumen de negocio estimado duns 3 mil millóns de euros. Ademáis, este número de empresas está a experimentar un crecemento sostido de aproximadamente un 3% anual nos últimos anos, e converteu a Galicia na quinta comunidade autónoma en número absoluto de empresas TIC, só por detrás doutras con maior poboación como Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana. Un 21,6% das empresas TIC galegas incorporan servicios de Intelixencia Artificial, un 28,7% usa recursos de Business Intelligence e un 24,2% fai uso de chatbots, e estas cifras están en continuo aumento.

A formación do MIA, sen embargo, non se limita en exclusiva ao entorno galego: o uso da docencia en inglés ten como obxectivo a formación de profesionáis capacitados para traballar noutros entornos a nivel internacional, así como a captación de estudantes doutras nacionalidades, fomentando un entorno aberto e enriquecedor para profesores e alumnos.

Saídas profesionais e académicas

  • Como especialización tras completar un grado universitario
    A titulación está concebida como un posgrado de especialización en IA para titulados universitarios con formación técnica que queiran profundizar nas novas tecnoloxías para sistemas intelixentes. O perfil de profesional especialista en IA é un dos máis demandados últimamente, existindo unha carencia notoria a nivel nacional, europeo e internacional. Este máster supón unha continuación natural para graduados en Informática, en Ciencia e Enxeñaría de Datos, en Matemáticas ou en certos perfís de Enxeñaría que queiran orientar o seu perfil profesional hacia a IA
  • Como formación adicional para o profesional con experiencia
    O MIA proporciona tamén un valor engadido diferencial para titulados universitarios con experiencia profesional previa en disciplinas máis ou menos técnicas que queiran ampliar as súas capacidades e potencial de crecemento dentro do seu entorno laboral ou que estéan plantexándose unha iniciativa emprendedora. Hoxe en día, a IA está no centro da oferta e servicios de moitas das empresas start-up emerxentes no sector tecnolóxico. Supón tamén un bo complemento tecnolóxico para titulados doutros másteres orientados á Enxeñaría do Software máis tradicional.
  • Como acceso á carreria investigadora
    O profesorado ten participación directa en grupos de investigación en IA de experiencia internacional contrastada e recoñecido prestixio, asociados aos centros especializados CiTIUS e CITIC, e con participación frecuente en conferencias e eventos de primeiro nivel. Esto convirte ao MIA nunha porta de acceso idónea hacia unha carreria investigadora en calqueira dos programas de doutoramento relacioados coa IA das tres universidades públicas galegas, ou nos múltiples programas de doutoramento europeos relacioados coa Intelixencia Artificial.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Informática da Coruña (FIC) é un centro moi activo na súa relación con empresas do entorno, de diferentes sectores de actividade, e promove a iniciativa empresarial dos seus estudantes e profesores. Como consecuencia, mantén unha ampla oferta de empleo e prácticas para os seus estudantes. Máis información en:

Planificación do ensino

O Máster Universitario en Intelixencia Artificial (MIA) é un máster oficial de 90 créditos ECTS distribuidos en 3 cuadrimestres, Q1, Q2 e Q3, o que equivale aproximadamente a un ano e medio. Á súa vez, algunhas asignaturas se imparten de xeito bimestral, dentro de Q1 e Q2. O mapa adxunto mostra a distribución temporal das asignaturas en cuadrimestres e, dentro deles, en bimestres. As asignaturas con fondo rosa son obligatorias, mentres que as de fondo azul son optativas. As que se mostran nun tono máis oscuro son de 6 ECTS e as máis claras de 3 ECTS.

Algúns enlaces de interés:

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos de IA Obrigatorio 3 ECTS
Enxeñaría de Datos Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Razoamento e Planificación Obrigatorio 6 ECTS
Aspectos Computacionais da Ciencia Cognitiva Optativo 3 ECTS
IA Explicable e Confiable Obrigatorio 3 ECTS
Sistemas Multiaxente Optativo 6 ECTS
Coñecemento e Razoamento con Incerteza Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Comprensión da Linguaxe Natural Obrigatorio 6 ECTS
Minería de Textos Optativo 3 ECTS
Modelado da Linguaxe Optativo 3 ECTS
Intelixencia Web e Tecnoloxías Semánticas Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Aprendizaxe Automática I Obrigatorio 6 ECTS
IA en Contornos Big Data Optativo 6 ECTS
Aprendizaxe Profunda Optativo 6 ECTS
Aprendizaxe Automática II Optativo 3 ECTS
Computación Evolutiva Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Visión por Computador I Obrigatorio 3 ECTS
Visión por Computador II Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Robótica Intelixente I Obrigatorio 3 ECTS
Robótica Intelixente II Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
IA en Saúde Optativo 3 ECTS
IoT Intelixente Optativo 3 ECTS
Ciberseguridade Intelixente Optativo 3 ECTS
Temas Emerxentes e Emprendemento en IA Optativo 3 ECTS
Xestión de Proxectos de IA Obrigatorio 3 ECTS
Minería de Procesos Optativo 3 ECTS
Sistemas Intelixentes de Tempo Real Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Académicas Externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Fin de Máster Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

Existen en España múltiples exemplos de másteres especializados en Intelixencia Artificial nas distintas universidades do país, ainda que na su maioría se limitan a un curso académico (60 ECTS) e unha oferta moito máis reducida de asignaturas optativas, contando ademáis en moitos casos con docencia de natureza non presencial ou semi presencial. Son titulacións, por tanto, con un menor nivel de profundización que o MIA e ofrecen unha formación de carácter máis complementario. Os posgrados en IA máis semellantes ao MIA son o Máster Universitario en IA das universidades Universitat de Barcelona, Univ. Politècnica de Catalunya e Univ. Rovira i Virgili, que é tamén interuniversitario, con docencia presencial en inglés e de 90 ECTS, ou o Máster Universitario en IA da Universidad Politécnica de Madrid, tamén presencial en inglés, pero de 60 ECTS. A nivel europeo e internacional, a oferta de posgrados en IA é moito máis ampla e consolidada pois, en moitos casos, posee una maior tradición. Prácticamente todas as universidades de primeiro nivel en Informática ofertan títulos de máster de IA ou directamente relacioado coa IA, incluindo por exemplo o Imperial College, a University of Cambridge e a University of Edinburgh en Reino Unido, a École Polytechnique de París e a Universidade de Toulouse en Francia, a Technical University of Munich en Alemania ou as universidades de Bologna e da Sapienza de Roma, en Italia, por poñer algúns exemplos destacados. En Estados Unidos, a situación é semellante, con titulacións de posgrado relevantes en universidades de recoñecido prestixio tales como Stanford, Massachussets Institute of Technology ou Berkeley.

Procedementos de consulta empregados

No proceso de elaboración deste título tivéronse en conta as opinións e informes de actores externos, tales como representantes de empresas/entidades do entorno que, pola súa natureza e ámbito de actividade, presentan un especial interese no Máster en Intelixencia Artificial. Nese asesoramento externo participaron, entre outras, entidades como os centros de investigación CITIC e CiTIUS, o clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática en Galicia, a Asociación Galega de Empresas TIC, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, consultoras software de ampla implantación como IBM ou Indra, así como múltiples consultoras de ámbito local, spin-offs asociadas ás entidades participantes e outros representantes do tecido industrial galego.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Actualmente, a Facultade de Informática ten convenios activos con máis de 50 Universidades de todo o mundo baixo os programas:

  • Erasmus+: movilidad en Europa
  • SICUE: movilidad entre Centros Universitarios Españoles
  • Convenios bilaterales: movilidad con el resto del mundo