Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial

2024/2025 · 60 créditos

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Módulo I Marco de referencia(12 ETCS) Materias: As relacións xurídicas na sociedade dixital(6ECTS). Privacidade e datos persoais (6 ECTS). Módulo II Marco Específico (33 ECTS) Materias: Contratación Privada (6 ECTS) Propiedade intelectual, Propiedade industrial e Dereito da competencia (6 ECTS) Dixitalización das relacións laborais e de Seguridade Social (3 ECTS) Axenda Dixital, Administracións Públicas Electrónicas e Intervención Pública (6 ECTS) Dereito Tributario e Novas Tecnoloxías (3 ECTS) Criminalidade Informática e Ciberseguridade (4,5 ECTS) Proceso e TIC (4,5 ECTS) Módulo III Prácticas Externas, TFM, Metodoloxía e DPD (15 ETCS)* Materias: Prácticas externas (6 ECTS) Metodoloxía da investigación (3 ECTS) (*) Delegado de protección de datos(3 ECTS) (*) Traballo de Fin de Máster(6 ECTS) *As materias con asterisco(*)configúranse con carácter alternativo.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
As Relacións Xurídicas na Sociedade Dixital Obrigatorio 6 ECTS
Privacidade e Datos Persoais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Metodoloxía da Investigación Optativo 3 ECTS
Delegado de Protección de Datos Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.