As materias obrigatorias pretenden dotar ó alumno das ferramentas básicas que precisa un profesional do campo da biodiversidade terrestre, dende diferentes métodos de mostraxe de campo a ferramentas informáticas, uso de datos ou sistemas de información xeográfica. As materias optativas permiten ó alumno completar a súa formación, especializándose en técnicas de caracterización do medio, ou ben centrándose en aspectos da conservación da natureza ou de xestión do medio natural.
Os futuros titulados posuirán un perfil académico que lles permitirá acceder a postos relacionados co estudo e a xestión da biodiversidade, como a consultoría ambiental, postos de responsabilidade do medio ambiente en administracións, ou a divulgación ambiental entre outros./p>
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Coñecementos Básicos de SIX (Sistemas de Información Xeográfica) | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Técnicas de Estudo do Medio Físico | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Técnicas de Seguimento e Análise de Poboacións | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Tratamentos de Datos Aplicados ao Medio Natural | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Seguridade e Prevención de Riscos no Medio Natural | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Técnicas Moleculares Aplicadas á Caracterización da Biodiversidade | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Taller de Técnicas Básicas de Mostraxe | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Aplicacións dos SIX ao Medio Ambiente | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Estatística Aplicada | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Bases da Biodiversidade: Orixe, Medida e Patróns | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Caracterización e Tipificación de Hábitats | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Caracterización de Ecosistemas Terrestres | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Caracterización de Ecosistemas de Augas Continentais | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Identificación e Censo de Invertebrados | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Bioloxía e Métodos de Estudo de Vertebrados | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Identificación e Inventario de Plantas e Fungos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Xeodiversidade | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Bioloxía da Conservación | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Conservación e Restauración de Ecosistemas Terrestres | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Conservación e Restauración de Ecosistemas Acuáticos | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Calidade de Solos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Fauna Ameazada | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Flora Ameazada | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Invasións Biolóxicas | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Avaliación de Impacto Ambiental | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Aspectos Socioeconómicos da Biodiversidade | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Dereito Ambiental | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Emprendemento e Innovación | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Comunicación e Educación Ambiental | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Xestión e Planificación de Espazos Naturais Protexidos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Cambio Global | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas Externas | Obrigatorio | 1º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 9 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.