Formamos profesionais que terán que desenvolver a súa profesión en contornos caracterizados pola súa complexidade e dinamismo. Neste sentido, combínanse unha robusta formación no eido teórico económico cunha orientación práctica que fai do curso unha opción atractiva para o estudantado que desexe orientar a súa vida profesional pola empresa.
Este mestrado interuniversitario dá acceso a calquera programa de doutoramento competitivo a nivel nacional ou internacional. Alén disto, os titulados do MiE estarán capacitados para realizar un traballo profesional que requira coñecementos económicos avanzados e métodos econométricos de aplicación nas distintas áreas da administración pública e dos sectores económico-empresarial público e privado.
Existen convenios con diferentes empresas e entidades públicas para a realización de prácticas curriculares.
No primeiro cuadrimestre deberanse cursar as materias obrigatorias, comúns a todos os itinerarios, e no segundo cuadrimestre, cursaranse as materias optativas de especialización, as prácticas en empresa e o traballo fin de mestrado (TFM). Cada especialidade está composta por 6 materias de 3 créditos ECTS cada unha. Para que un estudante poida obter reflexo da especialidade cursada na expedición do título, deberá cursar polo menos 4 das materias ofertadas na especialidade correspondente, podendo completar o seu expediente con calquera materia optativa do resto de especialidades.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Análise de Decisións Económicas e Mercados | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise de Conxuntura Económica e Crecemento | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas Econométricas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos Cuantitativos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Pensamento Económico e Institucións | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Investigación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster. Especialidade en Políticas Públicas e Análise Económica Rexional | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía do Sector Público | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Modelos de Xestión Pública | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Avaliación de Políticas Públicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Análise Económica Rexional | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión Integral de Proxectos Públicos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Medio Ambiente, Recursos Naturais e Sostibilidade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Economía da Desigualdade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Economía da Saúde | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Innovación e Sociedade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Servizos e Nova Economía | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Globalización Económica e Desenvolvemento Social | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fundamentos de Valoración de Mercado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Cuantificación do Risco de Mercado | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Análise Económica da Actividade Bancaria | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Economía Internacional e Finanzas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Política Monetaria e Sistema Financeiro | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Econometría Financeira | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Econometría Avanzada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Microeconomía Avanzada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Macroeconomía Avanzada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Comportamento Estratéxico | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Temas Avanzados en Teoría Económica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas Avanzadas para a Análise de Datos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster. Especialidade en Economía e Sociedade | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.