Especialidade en Produción Executiva Audiovisual: dirixida á formación dos próximos produtores executivos, showrunners, responsables de proxectos audiovisuais, analistas de guións, guionistas, controladores, distribuidores internacionais e produtores do sector. Os nosos titulados están formados para idear e xestionar un produto audiovisual de principio a fin. Especialidade en Xornalismo Avanzado Multiplataforma: forma futuros xestores de proxectos dixitais, editores multimedia, reporteiros e presentadores de radio e podcasts, creativos de redes sociais, analistas de SEO e audiencia, visualizadores de infografías e datos, expertos en contidos e xestores de comunicación. A especialidade é un laboratorio de innovación e reportaxe avanzada e permite aos nosos estudantes crear produtos xornalísticos e multimedia globais en diferentes formatos.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Xestión de Contidos Xornalísticos e Audiovisuais | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Formatos Informativos Audiovisuais | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Escritura na Fase de Desenvolvemento. Novas Narrativas Lineais e non Lineais | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas Externas | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Contexto Profesional e Legal da Industria Xornalística | Optativo | anual | 6 ECTS | |
Modelos de Xestión: Organización de Redaccións, Márketing e Análise de Audiencias | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Contexto Tecnolóxico Profesional e do Usuario | Optativo | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Fontes de Información Xornalística | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Técnicas de Investigación Xornalística | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Recursos Tecnolóxicos Específicos da Investigación Xornalística | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Edición de Contidos en Función da Plataforma | Optativo | anual | 6 ECTS | |
Tendencias, Xéneros, Formatos Xornalísticos e Reporteirismo Avanzado | Optativo | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Estrutura do Sector Audiovisual | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Medios Técnicos | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Análise de Guión | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Lexislación Audiovisual | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Xestión Empresarial: Orzamentos, Contratos e Persoal | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Financiación de Contidos e Proxectos Audiovisuais | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Distribución, Tendencias e Box Office | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Produción en Cine e Televisión. Produción de Campo | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Dirección de Produción Audiovisual | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Previsión de Necesidades do Mercado: Análise de Repositorios e Programacións | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Márketing Audiovisual: Mercados e Prevendas | Optativo | 2º | 3 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.