No primeiro curso o alumnado aprende os contidos básicos das outras disciplinas e fortalecen os coñecementos matemáticos, metodolóxicos e tecnolóxicos necesarios, aplicándoos nas diferentes áreas da Bioinformática e a Informática aplicada ás Ciencias da Saúde.
Durante o segundo curso, a realización do proxecto final de máster constitúe a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos no primeiro curso levando a cabo un proxecto de investigación, no que se prioriza a capacidade de formular preguntas estruturadas, de documentar os antecedentes existentes e de planificar actividades para resolver o problema de investigación exposto. A redacción dun artigo científico e a defensa pública dos resultados obtidos favorecen a adquisición de competencias na comunicación oral e escrita, así como a capacidade de síntese e discusión crítica dos resultados.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Introdución á Programación | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Introdución ás Bases de Datos | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Intelixencia Artificial | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Bioloxía Molecular | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Xenética e Evolución Molecular | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Xenómica | Optativo | 1º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Probabilidade, Estatística e Elementos de Biomatemática | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Bioinformática | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Deseño e Xestión de Proxectos de Investigación Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Intelixencia Computacional para Datos de Alta Dimensionalidade | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Proxectos de Investigación e Emprendemento | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Métodos Estatísticos Avanzados en Bioinformática | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Análise de Imaxes Biomédicas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Computación de Altas Prestacións en Bioinformática | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Intelixencia Computacional para Bioinformática | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estruturas de Datos e Algoritmia para Secuencias Biolóxicas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Enxeñaría Biomecánica, Sensorización e Telemedicina | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Fundamentos de Neurociencia | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Neuroenxeñaría e Innovación en Neurociencia | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Sistemas de Información Sanitaria | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Prácticas en Empresa | Optativo | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas en Empresa | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Visualización Médica Avanzada | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Procesamento Avanzado de Secuencias Biolóxicas | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Aplicacións e Tendencias en Bioinformática e Enxeñaría Biomédica | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Xestión do Coñecemento Biomédico | Optativo | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.