Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| O Proceso de Investigación nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| A Comunicación Científica e Fontes Documentais nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Metodoloxía Experimental e Cuasiexperimental nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Metodoloxía Selectivo Correlacional | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Deseños Observacionais Aplicados á Investigación no Deporte | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Metodoloxía Cualitativa nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Revisión Sistemática e Metaanálise | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Análise Exploratoria de Datos e Análise Inferencial | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
| Análise Multivariante | Obrigatorio | 1º | 5 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Actividades Acuáticas e Socorrismo Con restriccións | Optativo | 1º | 20 ECTS | |
| Exercicio e Condición Física no Ámbito do Rendemento e a Saúde | Optativo | 2º | 20 ECTS | |
| Aprendizaxe e Control Motor | Optativo | 2º | 20 ECTS | |
| Investigación en Educación Física, Actividade Física e Deportes | Optativo | 2º | 20 ECTS | |
| Análise do Rendemento nos Deportes | Optativo | 2º | 20 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 10 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.