Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Planificación Estratéxica de Sistemas de Información | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección de Proxectos | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Calidade, Seguridade e Auditoría Informática | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática como Servizo | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Arquitecturas e Plataformas Móbiles | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Deseño de Sistemas de Información | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Interacción, Gráficos e Multimedia | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Intelixencia de Negocio | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Recuperación da Información e Web Semántica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión de Proxectos | Complementos de Formación | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistemas Intelixentes | Complementos de Formación | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estrutura de Computadores | Complementos de Formación | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Calidade na Xestión TIC | Complementos de Formación | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Administración de Sistemas Operativos | Complementos de Formación | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Servizos Multimedia | Complementos de Formación | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Seguridade nos Sistemas Informáticos | Complementos de Formación | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Arquitectura do Software | Complementos de Formación | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Enxeñaría de Requisitos | Complementos de Formación | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Aseguramento da Calidade | Complementos de Formación | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Metodoloxías de Desenvolvemento | Complementos de Formación | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticas en Empresa | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Emprendemento e Autoemprego | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 15,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.