Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

2024/2025 · 60 créditos

Que se aprende

O Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental consta dun total de 60 ECTS nun ano académico, distribuídos en: un módulo Común de 12 ECTS de materias troncais, un Módulo de especialidade de 30 ECTS en cada unha das dúas especialidades ofertadas: a) Química e b) Medio Ambiente) e un módulo de 18 ECTS do traballo de fin de mestrado con dous perfis:

  • Perfil Profesional: 12 ECTS de Prácticas obrigatorias a desenvolver en empresas e/ou institucións públicas e 6 ECTS de Traballo de fin de mestrado basado nás práctica obligatorias.
  • Perfil investigador: 12 ECTS de Prácticas obrigatorias para desenvolver en laboratorios de investigación e 6 ECTS de Traballo de fin de mestrado (6 ECTS)realizado no laboratorio das prácticas obligatorias.

A relación de materias en cada módulo pode consultarse en "estructura do estudo" nesta mesma páxina

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As posibilidades de emprego dos titulados egresados nos sectores químico e ambiental son amplas e variadas. Entre elas cabe destacar:

Sector industrial: Explotación industrial (petroquímica, siderurxia, metalurxia, madeireiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas etc.). Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas etc.).

Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.). Industria alimentaria. Industria farmacéutica; cosmética, produtos para a hixiene persoal e de limpeza. Industria dos plásticos, as fibras sintéticas e o caucho.

Análises químicas. Control de calidade, auditoría, acreditación e validación. Avaliación e xestión ambiental (control de emisións atmosféricas, efluente, depuración de augas, solos contaminados, residuos etc.); Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. Tratamento e potabilización da auga. Control, avaliación e auditoría ambiental. Consultoría de xestión ambiental. Enerxías renovables. Asesoramento científico-técnico.

Investigación, desenvolvemento, innovación e transferencia (I+D+i+t).

Formación continua de profesionais de distintos sectores (industria, ensino e Administración pública).

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Atmosfera e Calidade do Aire Obrigatorio 3 ECTS
Calidade dá Auga Obrigatorio 3 ECTS
Calidade do Solo Obrigatorio 3 ECTS
Recursos Enerxéticos Obrigatorio 3 ECTS
Dereito Ambiental Básico para Xestores Ambientais de Empresas Obrigatorio 3 ECTS
Métodos Estatísticos para o Tratamento de Datos Ambientais Obrigatorio 3 ECTS
Economía Ambiental Obrigatorio 3 ECTS
Emprendemento Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio anual 12 ECTS
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.