O Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental consta dun total de 60 ECTS nun ano académico, distribuídos en: un módulo Común de 12 ECTS de materias troncais, un Módulo de especialidade de 30 ECTS en cada unha das dúas especialidades ofertadas: a) Química e b) Medio Ambiente) e un módulo de 18 ECTS do traballo de fin de mestrado con dous perfis:
A relación de materias en cada módulo pode consultarse en "estructura do estudo" nesta mesma páxina
As posibilidades de emprego dos titulados egresados nos sectores químico e ambiental son amplas e variadas. Entre elas cabe destacar:
Sector industrial: Explotación industrial (petroquímica, siderurxia, metalurxia, madeireiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas etc.). Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas etc.).
Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.). Industria alimentaria. Industria farmacéutica; cosmética, produtos para a hixiene persoal e de limpeza. Industria dos plásticos, as fibras sintéticas e o caucho.
Análises químicas. Control de calidade, auditoría, acreditación e validación. Avaliación e xestión ambiental (control de emisións atmosféricas, efluente, depuración de augas, solos contaminados, residuos etc.); Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. Tratamento e potabilización da auga. Control, avaliación e auditoría ambiental. Consultoría de xestión ambiental. Enerxías renovables. Asesoramento científico-técnico.
Investigación, desenvolvemento, innovación e transferencia (I+D+i+t).
Formación continua de profesionais de distintos sectores (industria, ensino e Administración pública).
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas Externas | Obrigatorio | anual | 12 ECTS | |
Lexislación, Regulación e Xestión | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estratexias Analíticas Aplicadas ao Medio Ambiente | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Análise Estructural e Planificación Sintética | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Fronteiras na Química Inorgánica Actual | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Química Física Aplicada | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Elucidación de Mecanismos de Reacción | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Química Física de Materiais | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Especiación Química e Computación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Química Bioinorgánica e Biomateriais | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Catálise | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Ciclos Bioxeoquímicos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Química Bioorgánica e Supramolecular | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Reactividade Orgánica e Química Organometálica | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Química Sostible | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Métodos Estatísticos para Datos Medioambientais | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Ecoloxía e Biomonitorización Ambiental | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Calidade da Auga | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Calidade do Solo | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Calidade do Aire | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Resíduos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Recursos Enerxéticos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Xestión da Calidade | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Análise Instrumental Avanzado | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Monitorización Ambiental | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Economía Ambiental | Optativo | 2º | 3 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.