Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

2023/2024 · 120 créditos

Que se aprende

Alén de afondar nas tecnoloxías industriais, o mestrado ten amplos contidos en xestión, organización e explotación de plantas e instalacións industriais.

Competencias xenéricas

As competencias xerais adquiridas nesta titulación son as establecidas na Orde CIN/311/2009:

  • Ter coñecementos adecuados dos aspectos científicos e tecnolóxicos en todos os ámbitos de actuación da Enxeñería Industrial: métodos matemáticos, analíticos e numéricos na enxeñería, enxeñería eléctrica, enerxética,química e mecánica, mecánica de medios continuos, electrónica industrial, automática, fabricación, materiais, métodos cuantitativos de xestión, informática industrial, urbanismo, infraestruturas, etc.
  • Proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
  • Dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
  • Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
  • Realizar a planificación estratéxica e aplicala a sistemas tanto construtivos como de produción, de calidade e de xestión ambiental.
  • Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
  • Poder exercer funcións de dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos I+D+i en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
  • Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
  • Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • Saber comunicar as conclusións a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo autodirigido ou autónomo.
  • Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial.

Competencias específicas

As competencias específicas adquiridas nesta titulación son as establecidas na Orde CIN/311/2009.

Saídas profesionais e académicas

Mentres que outros profesionais da rama de enxeñería industrial teñen as súas competencias limitadas ás súas respectivas especialidades, a formación xeneralista e as amplas competencias do Enxeñeiro Industrial capacítanlle para o exercicio profesional na práctica totalidade de áreas técnicas e postos de responsabilidade de empresas, sen limitarse ao sector industrial.

Este Máster tamén proporciona acceso aos estudos de doutoramento. En particular, é un dos perfís de admisión recomendados para o Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñería Naval e Industrial impartido no mesmo centro. Os alumnos do Máster teñen a posibilidade de iniciarse na actividade investigadora realizando prácticas con algún dos grupos de investigación que imparten docencia no título.

Planificación do ensino

Este Máster ten unha duración de 120 ECTS distribuídos en dous cursos académicos. O plan de estudos ten distintos itinerarios formativos en función do grao de procedencia dos alumnos, co obxectivo de nivelar os seus coñecementos en tecnoloxías industriais.

O plan de estudos resumido proporciona unha visión xeral dos distintos itinerarios e orientacións.

Os créditos distribúense da seguinte maneira:

    Módulo (ECTS)

    Tecnoloxías industriais (30-39)

    Xestión (15)

    Instalacións, plantas e construcións complementarias (16,5-21)

    Orientación (30)

    Prácticas externas en empresa (4,5)

    Materias optativas (0-7,5)

    Traballo Fin de Mestrado (15)

En segundo curso ofértanse 5 orientacións de 15 ECTS cada unha, das cales os alumnos deben cursar dous:

  • Simulación de medios continuos.
  • Deseño e simulación de máquinas.
  • Ciencia de materiais.
  • Loxística e produción.
  • Automática e control.

Co fin de asegurar a capacidade de traballo nunha contorna multilingüe será necesaria acreditar un nivel de coñecemento B2 de inglés. Devandito coñecemento deberá ser acreditado antes da expedición do título de máster.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxía Eléctrica Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría de Procesos de Fabricación Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño e Ensaio de Máquinas Optativo 4,5 ECTS
Electrónica e Instrumentación Optativo 4,5 ECTS
Automatización Industrial Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría de Procesos Químicos Optativo 4,5 ECTS
Tecnoloxía de Sistemas de Control Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxía Eléctrica Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría de Procesos de Fabricación Obrigatorio 4,5 ECTS
Enxeñaría Térmica Optativo 4,5 ECTS
Electrónica e Instrumentación Optativo 4,5 ECTS
Automatización Industrial Optativo 4,5 ECTS
Enxeñaría de Procesos Químicos Optativo 4,5 ECTS
Tecnoloxía Enerxética Optativo 4,5 ECTS

Organización da Produción Obrigatorio 4,5 ECTS
Dirección de Empresas Obrigatorio 4,5 ECTS
Dirección Integrada de Proxectos Obrigatorio 3 ECTS
Innovación Industrial Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enxeñaría de Estruturas Optativo 4,5 ECTS
Verificación, Diagnóstico e Control Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño e Construción de Complexos Industriais e Empresariais Obrigatorio 4,5 ECTS
Instalacións Obrigatorio 4,5 ECTS

Instalacións Eléctricas Optativo 3 ECTS
Enxeñaría de Estruturas Optativo 4,5 ECTS
Verificación, Diagnóstico e Control Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño e Construción de Complexos Industriais e Empresariais Obrigatorio 4,5 ECTS
Instalacións Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Degradación de Materiais Metálicos Optativo 4,5 ECTS
Tratamentos Superficiais Optativo 3 ECTS
Procesado de Polímeros Optativo 4,5 ECTS
Laboratorio de Análise e Caracterización de Materiais Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 15 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.