Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica

2023/2024 · 120 créditos

Que se aprende

Alén de afondar na tecnoloxía naval e oceánica, o mestrado ten amplos contidos en xestión e explotación de industrias marítimas.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O alumnado do Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica poderá desempeñar o seu labor profesional en diversos postos do sector marítimo:

  • Estaleiros
  • Compañías navieiras
  • Sociedades de clasificación
  • Cargos en administración
  • Industria naval auxiliar
  • Consultoras
  • Oficinas técnicas
  • Empresas de explotación e operación de buques
  • Empresas de transporte e loxística
  • Empresas de enerxías renovables mariñas
  • Portos

Planificación do ensino

Este mestrado ten unha duración de 120 ECTS distribuídos en dous cursos académicos, coa seguinte repartición:

  • 81 ECTS de materias obrigatorias
  • 24 ECTS de materias optativas
  • 3 ECTS de prácticas externas
  • 12 ECTS do Traballo de Fin de Mestrado

Plano de estudos

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proceso Integral do Proxecto do Buque Obrigatorio 6 ECTS
Hidrodinámica Computacional Obrigatorio 6 ECTS
Análise Numérica de Estruturas Obrigatorio 6 ECTS
Comportamento e Maniobrabilidade Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño e Optimización de Plantas de Enerxía e Propulsión Obrigatorio 6 ECTS
Estabilidade en Avarías Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Oceanografía Obrigatorio 6 ECTS
Aproveitamento de Recursos Mariños Obrigatorio 6 ECTS
Dinámica de Artefactos Oceánicos Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mecánica de Medios Continuos Computacional Obrigatorio 4,5 ECTS
Métodos Numéricos Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Iniciación á Investigación Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Optativas Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.