O mestrado está deseñado para proporcionar a estudantes de diversas procedencias culturais e académicas unha formación completa en áreas transdisciplinares emerxentes na intersección da Física e a Química dos materiais. O programa céntrase nos seguintes piares fundamentais: comprensión da estrutura dos materiais, síntese de materiais complexos, dominio de técnicas analíticas, incluída a configuración experimental e a interpretación dos resultados, análise estatística de datos e cuestións medioambientais.
O programa detallado de cada materia está dispoñible nesta ligazón.
O desenvolvemento de materiais complexos é importante en sectores tan diversos como, por exemplo, a aeronáutica, a alimentación, a cosmética, os plásticos, o caucho, o naval, a industria farmacéutica, a electrónica, a enxeñaría civil ou o téxtil.
Investigación, desenvolvemento e innovación en centros públicos e en empresas relacionadas, entre outras, coas seguintes actividades:
A lista seguinte mostra algunhas das compañías e institucións predispostas a colaborar (permitindo prácticas para os estudantes, participación en conferencias, suministro de material de laboratorio,...) e tamén aquelas que ofrecen saídas laborais os nosos estudantes:
Gairesa, Stac, TA Instruments, Corvisa, Control y Estudios (CyE), Lupeon, Sabic Innovative Plastics, University of Oregon, University of Niza (Sophia Antipolis), University of Erlangen, Ceamsa, Radbud University, IMDEA, Servizos de Apoio a Investigación (UDC), Unidad Mixta Navantia-UDC, Airbus, ….
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Introdución aos Materiais Complexos | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Viscoelasticidade de Materiais | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Propiedades Termomecánicas de Materiais. Métodos Fundamentais | Obrigatorio | 2º | 4 ECTS | |
Propiedades Termomecánicas de Materiais. Métodos Avanzados | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Análise Estatística de Datos | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Aplicacións á Protección do Medio Ambiente | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
Tratamentos Térmicos e Análises mediante Láser | Optativo | 2º | 2 ECTS | |
Fatiga Termomecánica | Optativo | 2º | 2 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Reofísica de Fluídos Complexos | Obrigatorio | 1º | 5 ECTS | |
Materiais Estruturados. Nanomateriais | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Fisicoquímica de Polímeros | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Física Estatística de Polímeros,Técnicas de Dispersión de Luz. Microscopía | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Física da Materia Branda, Interfaces | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Mecánica dos Medios Continuos | Optativo | 1º | 4 ECTS | |
Ondas Acústicas | Optativo | 1º | 4 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 18 ECTS |
Profesorado Univ. Paris Cité:
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
Mobilidade de todo o alumnado de acordo co convenio específico subscrito para esta dupla titulación entre as universidades Paris Diderot e da Coruña.
Alén disto, cóntase co convenio de mobilidade Erasmus Estudos (SMS) e Erasmus Prácticas (SMP), así como con convenios de intercambio de profesorado e persoal de administración e servizos (STA e STT).