Máster Universitario en Banca e Finanzas

2025/2026 · 60 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mercados Financeiros Obrigatorio 4 ECTS
Técnicas Estatístico-Econométricas Aplicadas Obrigatorio 5 ECTS
Sistema Financeiro Obrigatorio 5 ECTS
Valoración de Activos Financeiros Obrigatorio 3 ECTS
Banca Obrigatorio 5 ECTS
Sistemas de Información Obrigatorio 3 ECTS
Valoración Financeira Obrigatorio 3 ECTS
Marketing Financeiro Obrigatorio 2 ECTS
Fiscalidade das Operacións e dos Instrumentos Financeiros Obrigatorio 3 ECTS
Análise e Xestión de Riscos Obrigatorio 4 ECTS
Instrumentos Financeiros Derivados Obrigatorio 3 ECTS
Macroeconomía en Economías Abertas Obrigatorio 3 ECTS
Contabilidade de Entidades e Instrumentos Financeiros Obrigatorio 3 ECTS
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas en Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Dereito da Intermediación Financeira Obrigatorio 2 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.