A acuicultura é un dos sectores produtores de alimento con maior potencial de crecemento; segundo a FAO, supón a única posibilidade de manter a proporción adecuada de peixe na dieta, xa que a pesca extractiva mantén estable a súa capacidade de produción mais sen perspectivas de que se produzan aumentos significativos nela. Actualmente, España conta cunha industria acuícola saneada e en franca expansión que necesita profesionais altamente cualificados. Por iso, xorde a necesidade de ofrecer aos estudantes programas oficiais de mestrado onde poder especializarse nesta disciplina. Ademais, este mestrado promove a relación do alumnado coas empresas do sector a través dos convenios de colaboración (asinados formalmente entre as tres universidades participantes e as empresas-centros conveniados) con 10 grandes empresas e centros de cultivo de peixes, que ofertan preto dunha vintena de postos de prácticas en empresa para cursar no terceiro cuadrimestre.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Water Quality and Management | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Toxicoloxía e Mareas Tóxicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aquaculture Farm Management | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Quality, Processing and Traceability | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Cultivo de Microalgas e Zooplancton | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Cultivo de Macroalgas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Culture of Fish | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Culture of Bivalve Molluscs | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Cultivo de otros Invertebrados | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Mejora Genética | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión de Recursos Xenéticos en Acuicultura | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Genómica Estructural y Funcional | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aplicacións Biotecnolóxicas en Acuicultura | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Diseño Experimental y Análisis de Datos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Phylogenetical Analysis | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Introduction to Aquaculture | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bioloxía dos Animais Acuáticos Cultivables | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Biology of Cultured Algae | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fisiología de los Animales Acuáticos Cultivables | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Genetics for Aquaculture | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Inmunología de los Animales Acuáticos Cultivables | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Patoloxía en Acuicultura | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Alimentación y Nutrición | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Diagnóstico de Enfermedades | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Desarrollo de Herramientas de Prevención y Control | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Ferramentas para a Análise Epidemiolóxica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticas en Empresa | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 24,0 ECTS | |
| Iniciación á Investigación | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 24,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.