Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

2025/2026 · 60 créditos

Que se aprende

Deseña tu plan formativo de acordo a tus intereses particulares: Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular, Xenética, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal ou Biomedicina. O máster está dirixido a titulados da rama de ciencias, especialmente ós de orientación biolóxica ou biomédica, pero tamén ós de intereses biotecnolóxicos e de fisioloxía vexetal.
O máster permite ao alumno deseñar o seu itinerario de acordo cos seus intereses particulares: Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular, Xenética, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal ou Biomedicina.

Competencias completas do estudo

Competencias específicas

CE1    Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potencialidades delas, os seus usos e aplicacións
CE2    Capacidade de traballar de forma segura nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco
CE3    Capacidade de comprender o funcionamento celular a través da súa organización estrutural, sinalización bioquímica, expresión xénica e variabilidade xenética
CE4    Capacidade de coñecer e analizar sistemas celulares específicos como células nai, neuronas, células do sistema inmune, ou outras células relacionadas con diversas patoloxías
CE5    Capacidade de ter unha visión integrada dos coñecementos previamente adquiridos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética, cun formulario interdisciplinar e un grao de experimentalidade moi elevado
CE6    Capacidade de comprender a estrutura, e función das proteínas a nivel individual e da proteómica, así como das técnicas necesarias para analizalas e estudar as súas interaccións con outras biomoléculas
CE7    Capacidade de modificar xenes, proteínas e cromosomas con aplicacións biotecnolóxicas
CE8    Capacidade de comprender a estrutura, función e evolución dos xenomas e aplicar as xeramentas necesarias para o seu estudo
CE9    Capacidade para comprender, detectar e analizar a variación xenética, coñecer os procesos de xenotoxicidade e as metodoloxías para a súa avaliación, así como realizar estudos de diagnóstico e risco xenético
CE10    Capacidade para aplicar as técnicas moleculares ao estudo da célula vexetal e a súa fisioloxía, a súa resposta a estímulos externos e as súas aplicacións biotecnolóxicas
CE11    Capacidade de utilizar pechamentas bioinformáticas a nivel de usuario
CE12    Capacidade de comprender o papel dos microorganismos como axentes patóxenos e como xeramentas biotecnolóxicas
CE13    Capacidade para integrarse profesionalmente en servicios do sector sanitario, farmacéutico, veterinario, producción animal, biotecnoloxía ou industrias do sector da alimentación.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Investigación Biomédica e Sanitaria
Industria Biotecnolóxica e farmacéutica
Análise Genético
Investigación Académica e Desenvolvemento (I+D)
Emprendemento e xestión

Empresas e institucións colaboradoras

Na docencia do máster colaboran investigadores do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INBIC).

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 3,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 3,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 3,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 3,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Traballo fin de máster Segundo Cuadrimestre 12,0 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.