O Mestrado proporciona unha formación académica que permite unha especialización, tras obter a correspondente titulación de acceso da rama de ciencias experimentais ou das ciencias da saúde.
No ámbito científico os alumnos que cursen este mestrado estarán capacitados para traballar en laboratorios de investigación de orientación celular, molecular ou xenética. Poderán tamén proseguir a formación investigadora e realizar unha tese de doutoramento.
No ámbito profesional preténdese a formación de especialistas que poidan optar con vantaxe a postos de traballo nos distintos sectores I+D+i: clínicos e bioindustriais, e tamén no ensino superior e na Administración pública.O Mestrado pode servir, ademais, á formación continuada de profesionais en activo, tanto dos distintos sectores industriais como do ensino e da Administración pública.
Posgraduados especializados das áreas de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal e Xenética.
Persoal cualificado para o desenvolvemento de actividades de I+D+i.
Acceso ao doutoramento.As prácticas en empresas e a realización de traballo experimental incrementan as opcións da persoa titulada para a súa inserción laboral.
O Mestrado pode cursarse en modalidade presencial ou semipresencial. Hai que cursar 36 ECTS obrigatorios e 24 ECTS opcionais.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Técnicas Celulares | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Técnicas Moleculares | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Bioloxía Celular Avanzada | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Sinalización Celular | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Mecanismos de Xeración da Variación Xenética | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
Regulación da Expresión Xénica | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Neurobioloxía | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Inmunoloxía | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Células Nai e Terapia Celular | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Microbioloxía Molecular | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Dinámica e Estrutura de Proteínas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Proteínas Recombinantes e Enxeñaría de Proteínas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Proteómica | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Xenómica | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Cromosomas: Estrutura, Función e Evolución | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Xenética Humana | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Toxicoloxía Xenética | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-Patóxeno | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Biotecnoloxía en Plantas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Bioinformática e Modelado de Biomoléculas | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas Externas Optativas | Optativo | anual | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Emprendemento e Autoemprego | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.