Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Artes (Artes Plásticas e Visuais)

2024/2025 · 60 créditos

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Web do mestrado

Planificación do ensino

Neste mestrado considéranse, por proposta da Consellería de Educación e Orientación Universitaria, seis especialidades docentes:

  • Ciencias Experimentais, Matemáticas, Tecnoloxía e Educación Física
  • Ciencias Sociais e Humanidades
  • Formación Profesional
  • Linguas e Literaturas
  • Artes

Agás a última, estas especialidades cobren ámbitos docentes moi diversos, polo que é preciso introducir itinerarios formativos no módulo específico e mais no Prácticum. Os itinerarios de especialización docente previstos pola UDC son, en principio, os seguintes, aínda que a experiencia pode aconsellar introducir no futuro determinados cambios nalgúns deles:

  • Ciencias Experimentais, Matemáticas, Tecnoloxía e Educación Física: a) Ciencias Experimentais, b) Tecnoloxía, c) Educación Física.
  • Ciencias Sociais e Humanidades: Xeografía e Historia.
  • Formación Profesional: a) Sector Servizos, b) Formación e Orientación Laboral, c) Sector Primario e Secundario.
  • Linguas e Literaturas: a) Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá, b) Linguas Estranxeiras.
  • Artes: a) Música, b) Artes Plásticas e Visuais.

As seis especialidades comparten un módulo xenérico de 16 créditos e diferéncianse nos 44 restantes, divididos á súa vez nun módulo específico de especialidade de 26 créditos, un Prácticum de 12 e un Traballo de Fin de Mestrado de 6 créditos.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Didáctica. currículo e organización escolar Con restriccións Obrigatorio 4,5 ECTS
Función titorial e orientación académica Con restriccións Obrigatorio 2 ECTS
Educación e linguas en Galicia Con restriccións Obrigatorio 1,5 ECTS
Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar Con restriccións Obrigatorio 4 ECTS
Educación, sociedade e política educativa Con restriccións Obrigatorio 4 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Innovación docente Obrigatorio anual 2 ECTS
Iniciación á investigación educativa Obrigatorio anual 2 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticum Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.