Neste mestrado considéranse, por proposta da Consellería de Educación e Orientación Universitaria, seis especialidades docentes:
Agás a última, estas especialidades cobren ámbitos docentes moi diversos, polo que é preciso introducir itinerarios formativos no módulo específico e mais no Prácticum. Os itinerarios de especialización docente previstos pola UDC son, en principio, os seguintes, aínda que a experiencia pode aconsellar introducir no futuro determinados cambios nalgúns deles:
As seis especialidades comparten un módulo xenérico de 16 créditos e diferéncianse nos 44 restantes, divididos á súa vez nun módulo específico de especialidade de 26 créditos, un Prácticum de 12 e un Traballo de Fin de Mestrado de 6 créditos.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Didáctica. currículo e organización escolar Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Función titorial e orientación académica Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 2 ECTS | |
Educación e linguas en Galicia Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 1,5 ECTS | |
Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
Educación, sociedade e política educativa Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Innovación docente | Obrigatorio | anual | 2 ECTS | |
Iniciación á investigación educativa | Obrigatorio | anual | 2 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Formación profesional e mercado laboral | Obrigatorio | anual | 4 ECTS | |
Inserción e orientación laboral | Obrigatorio | anual | 4 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral | Obrigatorio | anual | 12 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral | Obrigatorio | anual | 2 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.