Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2023/2024 · 240 créditos

Acceso e admisión

Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula os alumnos e alumnas que inicien os estudos de grao en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño e na Normativa de xestión académica da Univesidade.

Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos/as para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

 

Perfil recomendado

Segundo o art. 14.1 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais "o acceso ás ensinanzas oficiais de grao requirirá estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente e a superación da proba a que se refire o artigo 42 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, do 12 de abril, sen prexuízo dos demais mecanismos de acceso previstos pola normativa vixente".

Non obstante, serían axeitadas para aquelas persoas que quixeren comezar os estudos desta titulación as seguintes características persoais e académicas:

  • Capacidade de resolución de problemasen Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDCen Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC
  • Comunicación oral e escrita
  • Capacidade de análise e síntese
  • Capacidade de organización e planificación
  • Coñecementos de informática relativos ao ámbito do estudo
  • Capacidade de xestión da información
  • Toma de decisións
  • Compromiso ético
  • Habilidade nas relacións interpersoais
  • Razoamento crítico
  • Traballo en equipos de carácter interdisciplinar
  • Motivación pola calidade
  • Adaptación a novas situacións

    Requisitos de acceso comúns

    Poderán acceder aos estudos universitarios oficias de grao as persoas que reúnan algún dos requisitos establecidos no artículo 3 do Real decreto 412/2014 de 6 de xuño:

    De non obter o recoñecemento, deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión

    As ABAU están organizadas para todo o sistema universitario galego por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a Comisión Interuniversitaria Galega, CIUG

    A matrícula das ABAU faise a través da aplicación informática NERTA e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia

    Solicitude e admisión

    Proceso xeral de admisión: o alumnado que pretenda iniciar os estudos de primeiro curso de Grao, deberá realizar a preinscrición previa seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CIUG, a través da aplicación informática NERTA

    Cada alumno/a formalizará unha única solicitude de preinscrición na que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez, no caso de titulacións iguais impartidas en diferentes centros universitarios e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia.

    A CIUG publicará sucesivas resolucións de convocatoria a matrícula. A relación do alumnado convocado en cada prazo pode consultarse na aplicación informática NERTA. É un procedemento moi áxil con prazos curtos de matrícula.

    O alumnado convocado a formalizar a matrícula, na titulación da súa preferencia da Universidade da Coruña, deberá facelo no prazo establecido pola resolución da CIUG, na web da UDC.

    65 prazas ofertadas no curso 2023/2024

    Criterios e procedementos de admisión

    A CIUG é a responsable de publicar os criterios e procedementos de admisión nas titulacións de grao do Sistema Universitario Galego, para cada curso académico, na súa páxina web.

    Á marxe do sinalado no apartado anterior, non se esixe ningunha formación específica previa para o ingreso no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. De feito, un dos atractivos e fortalezas da nova titulación é estar aberta a alumnos procedentes das distintas ramas do bacharelato, aínda que a formación máis axeitada será a do perfil de Ciencias Sociais.

    Prazos

    Alumnado de primeiro curso de grao: segundo o calendario establecido pola CIUG

    Alumnado que continúe os seus estudos de grao: publicarase na web da UDC

    bolsas e axudas

    Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

    Evolución das notas de acceso ao estudo

    Nesta gráfica pode comprobar cales foron a nota de acceso máis baixa, media e máis alta nas PAAU do alumnado que accederon ao estudo o longo dos anos.

    Histograma das notas de acceso ao estudo no curso 2023/2024

    Na gráfica inferior pode consultar a distribución das notas de acceso das PAAU do alumnado matriculado no estudo no curso indicado.

       
    Nota máis baixa 5,370
    Nota media 7,804
    Nota máis alta 10,770
    Total de alumnado das PAAU matriculados 36
    Intervalo Alumnado (%)
    5,4 ... 5,7 4 11,1 (%)
    5,7 ... 6,0 2 5,6 (%)
    6,0 ... 6,4 2 5,6 (%)
    6,4 ... 6,7 3 8,3 (%)
    6,7 ... 7,1 2 5,6 (%)
    7,1 ... 7,4 5 13,9 (%)
    7,7 ... 8,1 1 2,8 (%)
    8,1 ... 8,4 3 8,3 (%)
    8,7 ... 9,1 1 2,8 (%)
    9,1 ... 9,4 7 19,4 (%)
    9,4 ... 9,8 2 5,6 (%)
    9,8 ... 10,1 2 5,6 (%)
    10,1 ... 10,4 1 2,8 (%)
    10,4 ... 10,8 1 2,8 (%)