Programa Oficial de Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

2 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

O Programa de Doutoramento Matemáticas e Aplicacións está orientado a estudantes que desexen afondar en coñecementos, técnicas e metodoloxías propias da investigación en Matemáticas e as súas aplicacións. O perfil de ingreso recomendado é o dunha persoa con capacidade para entender e solucionar problemas no ámbito das matemáticas e as súas aplicacións en diversos campos científicos, cunha mentalidade racional, capaz de afrontar problemas complexos, con capacidade de síntese e de comunicación, entre outros aspectos. Os destinatarios do Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións deben ser titulares do grao de máster nos dominios das Matemáticas, a Estatística, a Física, ou as Ciencias da Computación; ou, alternativamente, titulares do grao de máster en áreas afíns cun currículo que demostre unha axeitada preparación, suxeito á aprobación da comisión académica do Programa. A. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dun título de Máster (segundo ciclo de estudos superiores no sistema de Bolonia da Unión Europea). B. Estar en posesión dun título universitario oficial dun país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que habilite para o acceso ao Máster de acordo co establecido no artigo 16 do R.D. 1393/2007 e superar un mínimo de 300 ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de Máster. C. Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme ás normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 ECTS. Estas tituladas e titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de Máster. D. Ser posuidor dun currículo escolar, científico ou profesional que sexa recoñecido como garante da capacidade para a realización deste ciclo de estudos polo órgano científico legal e estatutariamente competente das universidades onde pretenden ser admitidos.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios: a) Expediente académico: 40-100. b) Experiencia investigadora (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, cartas de aval de persoal investigador de recoñecido prestixio, actividades de iniciación á investigación, etc.): 0-15. c) Currículo (experiencia profesional, coñecementos de idiomas, cartas de aval de profesionais etc.): 0-10. d) Entrevista persoal: 0-5. Recoméndase que as/os candidatas/os contacten cun/ha posible director/a antes da entrevista persoal. Establécese o requisito de obter unha puntuación superior a 70 cos criterios anteriores.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.