Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Ademáis dos requisitos xenerais de admisión, que se contemplan no Real Decreto 576/2023, o perfil de ingreso a este Programa de Doutoramento está orientado, prioritariamente cara as persoas con:

  • licenciatura o grado en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte con máster oficial, preferiblemente en el ámbito de la investigación; o
  • licenciatura en Educación Física.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Criterios de admisión:

Puntuación máxima:

Formación universitaria previa 25 puntos

Vinculación previa a grupos de investigación integrantes del P.O.D. 15 puntos

Experiencia investigadora previa 10 puntos Coñecemento das línguas inglés e portugués 10 puntos

Entrevista persoal (o cuestionario sustitutivo ou carta de motivación-presentación) 40 puntos. (Obligatoria no caso dos/as aspirantes que procedan de países con línguas distintos do español, galego, portugués ou inglés.).

Para más información

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.