Programa Oficial de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

12 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Estudantado que cursase cun bo rendemento académico algún mestrado do ámbito dos estudos económicos e empresariais que o familiarizase cos principais paradigmas teóricos e métodos de análise empírica da súa especialización. Enténdese por bo rendemento académico que o devandito estudantado obtivese unha cualificación media de notable nos estudos previos. Por suficiente formación teórica e empírica enténdese, con carácter xeral, que teña acreditado un curso de econometría (6 créditos) e microeconomía (6 créditos) ou finanzas (6 créditos) e economía da empresa (6 créditos) de nivel avanzado. Ademais, poderán ser admitidos/as aqueles/as estudantes procedentes doutros programas de mestrado que, a xuízo da CAPD, capaciten o alumnado para abordalo con éxito. Exemplo desta situación poden ser os/as estudantes de programas de mestrado en enxeñaría, matemáticas ou estatística. No caso de que o/a candidato/a careza da formación previa esixida neste programa, a súa admisión quedará condicionada á superación dos complementos de formación específicos que a CAPD determine.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase na Secretaría Virtual, e a documentación xustificativa entregarase na UADI do centro. As solicitudes de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal dirixiranse á CAPD e presentaranse na UADI do centro. A CAPD pubicará as listaxes provisoria e definitiva de alumnado admitido na web do programa, no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á CAPD e presentaranse na UADI do centro. Os criterios de admisión figuran especificamente na memoria do programa. Os distintos aspectos mencionados concrétanse no seguinte baremo: 1. Currículo do/a candidato/a (35%). Valoraranse fundamentalmente os aspectos relativos aos estudos de grao e/ou mestrado realizados, así como as titulacións oficiais, os cursos e as actividades formativas recibidas e/ou impartidas. Tamén se avaliarán aqueles méritos e actividades que a CAPD, de forma motivada, considere máis idóneos para desenvolver a actividade investigadora no marco das liñas de investigación do programa, incluída a opinión do/a posible director/a da tese, de proceder. 2. Cualificacións obtidas no grao e/ou mestrado que realizase (25%). O 10% corresponderá ao grao e o 15% aos estudos de mestrado. 3. Formación previa en investigación (10%).Materias de iniciación á investigación e TFM; participación en proxectos ou contratos de investigación. 4. Coñecemento de idiomas (15%).Acreditar un nivel A2 correspóndese cun 5%, e un nivel B1 cun 10%; acreditar o nivel B2 ou superior correspóndese co 15%. 5. Experiencia profesional (15%).Experiencia en campos afíns ás áreas de coñecemento do programa; actividadeS en elaboración e xestión de políticas públicas. Terase en conta positivamente que o/a candidato/a contactase antes de solicitar a admisión cun/ha posible director/a de tese e que esta persoa aceptase dirixirlla.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.