Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Os alumnos do programa de doutoramento teñen que ter coñecementos adquiridos en enxeñarías ou graos del ámbito da informática e/ou las tecnoloxías da información e as comunicacións. Tamén é un perfil interesante para o programa de doutoramento aqueles alumnos que adquiriran coñecementos tecnolóxicos en informática, complementando a súa formación básica, cun mestrado que aporte un complemento computacional, como por exemplo biólogos ou químicos que realicen una formación de mestrado en bioinformática.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Xenerarase unha listaxe para priorizar a admisión na seguinte forma:

  • En primeiro lugar, os alumnos que cursaran estudos de mestrado na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, ordenados por expediente académico.
  • A continuación, tamén ordenados por expediente académico, os alumnos que cursaran calquer outro mestrado que lles facilitase a adquisición de competencias similares ás dos mestrados xa mencionados, baixo o criterio da Comisión Académica do Programa de Doutoramento.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.