Programa Oficial de Doutoramento en Química Ambiental e Fundamental

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:

# rama de coñecemento: Ciencias

# ámbito/s de coñecemento: Química

# competencias, capacidades e coñecementos previos: propias das titulacións de acceso (vide infra), en persoas con interese polo campo das ciencias; con curiosidade por coñecer e comprender feitos científicos e propoñer solucións a problemas e retos no ámbito da Química no seu sentido máis amplo.

# titulacións de acceso: Nivel MECES3 en estudos de Química e afíns (Enxeñaría Química; Farmacia; Física; Bioquímica e Biotecnoloxía; Nanociencia e nanotecnoloxía)

# de non ter realizado un máster, ter unha formación equivalente en créditos de investigación ou ter realizado polo menos 60 ECTS de formación investigadora relacionada directamente co programa.

# ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.

Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

- Carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) poida exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.

- Coñecemento de idiomas. No caso do alumnado estranxeiro de países alleos aos ámbitos lingüísticos galego e/ou castelán que só se poida comunicar mediante a lingua estranxeira que é de uso común para a comunicación científica no ámbito da teses, o programa deberá asegurar a súa supervisión e dirección de teses no dito idioma.

Os niveis de coñecemento lingüístico acreditaranse mediante unha das certificacións oficiais da listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas da UDC para os distintos niveis do marco común europeo: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf

Criterios de admisión do programa. A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:

-Expediente académico (70%), determinado polas cualificacións de Grao, Licenciatura, Máster, DEA ou suficiencia investigadora.

- Entrevista persoal (20%). Valorarase: motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc.

- Outros méritos (10%). Poderanse valorar outros méritos acheggádos polo solicitante que teñan interese para os estudos de doutoramento.

Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a tempo completo como a tempo parcial.

Documentación que hai que presentar para a valoración de admisión e méritos pola CAPD. Para a valoración de méritos pola CAPD, débese entregar a seguinte documentación, publicada na web do programa [https://estudos.udc.es/es/study/start/5031V01]: certificado académico dos correspondentes estudos no que consten as materias e periodos académicos cursados, e certificacións de todos os méritos presentados na solicitude de admisión. Todo isto se debe presentar debidamente legalizado (orixinais e fotocopias para o seu cotexo ou fotocopias autentificadas).

No caso de que o idioma de orixe non sexa o castelán, deberase xunto cunha tradución legalizada de toda a documentación citada.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.