Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en Redes Móbiles

2023/2024

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

10 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Perfil de admisión recomendado

Os perfís de ingreso recomendados para este programa de doutoramento correspóndense cos de aquelas persoas que dispoñan dalgunha das seguintes titulacións: - Calquera Mestrado Universitario que outorgue as atribucións plenas da profesión regulada de Enxeñeiro de Telecomunicación. - Mestrado en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles TICRM pola Universidade da Coruña; a Universidade de Cantabria; a Universidade de Oviedo; a Universidade de Zaragoza e a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea. - Mestrado en Enxeñaría Informática pola Universidade da Coruña. - Mestrado en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións pola Universidade de Vigo. - Mestrado en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo. - Mestrado en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética pola Universidade de Vigo. - Mestrado en Teoría do Sinal e Comunicacións pola Universidade de Vigo. - Mestrado Universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. - Mestrado en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo. - Mestrado en Sistemas Software Intelixentes e Adaptativos pola Universidade de Vigo. Tamén se considera como perfil de ingreso recomendado o correspondente a outros mestrados oficiais das universidades españolas ou mestrados equivalentes de universidades doutro país integrante do Espacio Europeo de Educación Superior, e de temática vencellada ás Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles. En calquera caso, os que desexen ingresar neste programa de doutoramento deberán dispor dunha formación universitaria vencellada ás Tecnoloxías da Información e Comunicacións.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI do/a Centro. A CAPD publicará as listaxes provisional e definitiva do alumnado admitido na web programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisional dirixiranse á UADI do/a Centro. A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do/a Centro. As solicitudes que cumpran cos requisitos de acceso serán avaliadas pola Comisión Académica do programa de doutoramento en función do currículo e a documentación presentada, seguindo os criterios de valoración de méritos indicados posteriormente. Con carácter xeral, a admisión dos estudantes será considerada de forma totalmente individualizada, tendo en conta a moi variada procedencia dos candidatos. Para o caso das solicitudes que presenten outros perfís de ingreso diferentes aos perfís recomendados, a Comsión Académica indicará, se así procede, os complementos de formación específicos que terá que cursar a persoa solicitante. As solictudes de admisión de aspirantes con titulacións extranxeiras de países alleos ao EEES serán remitidas pola Comisión Académica do programa de doutoramento ao órgano competente da universidade para a súa autorización definitiva. Criterios de valoración de méritos: Á vista do currículo e da documentación presentada pola persoa solicitante, a Comisión Académica decidirá sobre a súa admisión, atendendo aos seguintes criterios de valoración: - Expediente académico (40%). - Adecuación da formación previa á temática do programa de doutoramento (30%). - Experiencia investigadora ou profesional en calquera dos ámbitos laborais das liñas de investigación do programa de doutoramento (10%). - Publicacións vencelladas á temática do programa de doutoramento (10%). - Outros méritos académicos (estancias no estranxeiro, idiomas, etc) (10%). No caso do idioma inglés valorarase

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.