Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en Redes Móbiles

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

10 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

Os perfís de ingreso recomendados para este programa de doutoramento correspóndense cos daquelas persoas que dispoñan dalgunha das seguintes titulacións:
- Calquera Máster Universitario que outorgue as atribucións plenas da profesión regulada de Enxeñeiro de Telecomunicación
- Máster en Tecnoloxías da Información e Comunicacións en Redes Móbiles TICRM pola Universidade da Coruña; a Universidade de Cantabria; a Universidade de Oviedo; a Universidade de Zaragoza e a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea
- Máster en Enxeñaría Informática pola Universidade da Coruña
- Máster en Aplicacións de Procesamento de Sinal en Comunicacións pola Universidade de Vigo
- Máster en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo
- Máster en Radiocomunicación e Enxeñaría Electromagnética pola Universidade de Vigo
- Máster en Teoría do Sinal e Comunicacións pola Universidade de Vigo
- Máster Universitario en Tecnoloxías da Información pola Universidade de Santiago de Compostela
- Máster en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo
- Máster en Sistemas Software Intelixentes e Adaptativos pola Universidade de Vigo
TAMÉN SE CONSIDERA COMO PERFIL DE INGRESO RECOMENDADO O CORRESPONDENTE A OUTROS MÁSTERES OFICIAIS DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS OU MÁSTERES EQUIVALENTES DE UNIVERSIDADES DOUTRO PAÍS INTEGRANTE DO ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR, E DE TEMÁTICA RELACIONADA COAS TECNOLOXÍAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN EN REDES MÓBILES.
En calquera caso, os que desexen ingresar neste Programa de doutoramento deberán dispoñer dunha formación universitaria relacionada coas tecnoloxías da información e comunicacións.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Criterios de valoración de méritos
Á vista do currículo e a documentación presentada pola persoa solicitante, a Comisión Académica decidirá sobre a súa admisión, atendendo aos seguintes criterios de valoración:
- Expediente académico (40%)
- Adecuación da formación previa á temática do Programa de Doutoramento (30%)
- Experiencia investigadora ou profesional en calquera dos ámbitos laborais das liñas de investigación do Programa de Doutoramento (10%)
- Publicacións relacionadas coa temática do programa de doutoramento (10%)
- OUTROS MÉRITOS ACADÉMICOS (ESTADÍAS NO ESTRANXEIRO, IDIOMAS, ETC) (10%). NO CASO DO IDIOMA INGLÉS VALORARASE A ACREDITACIÓN DUN COÑECEMENTO SUPERIOR AO NIVEL B1.
PARA AS PERSOAS QUE DESEXEN REALIZAR A TESIS DOUTORAL EN RÉXIME DE COTUTELA CON ALGUNHA UNIVERSIDADE FRANCESA VALORARASE A ACREDITACIÓN DUN COÑECEMENTO DO IDIOMA FRANCÉS SUPERIOR AO NIVEL B1. NO CASO DE ESTUDANTES ESTRANXEIROS, CUXA LINGUA NATIVA NON SEXA O ESPAÑOL, VALORARASE ACREDITAR UNS COÑECEMENTOS DE ESPAÑOL FALADO E ESCRITO COMPARABLE AO NIVEL INTERMEDIO DO INSTITUTO CERVANTES.
- ASÍ MESMO, A COMISIÓN ACADÉMICA PODERÁ SOLICITAR UNHA ENTREVISTA AOS CANDIDATOS PARA ACLARAR E VALORAR CALQUERA DOS MÉRITOS ALEGADOS.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.