Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencias

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

4 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

A Comisión Académica (CAPD) acordou que para estudar as solicitudes, deben cumprir cos seguimentos requisitos:

  • 1. A solicitude de admisión debe incluír un anteproxecto de teses avalado por un doutor, que será o director da teses. (Pódese descargar un cadro de referencia aquí.
  • 2. O director debe formar parte do programa de doutoramento. Do contrario, deberá haber dous directores. Un de eles debe formar parte do programa de doutoramento.
  • 3. Os directores deben acreditar cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses segundo o REDUDC utilizando para iso o formulario establecido. Se xa está dado de alta como director na Escola Internacional de Doutoramento, non é necesario entrega-lo formulario, sempre e cando os méritos non estean caducados.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Presentada a documentación os coordinadores institucionais procederán a unha selección dos alumnos excedida nos seguintes criterios:

Nota. O director do programa deberá establecer previamente cos coordinadores institucionais (Comisión Académica) o modo de aplicación dos criterios e contidos e modos de avaliación da entrevista para alcanzar de forma obxectiva un nivel homoxéneo na selección dos estudantes.

Para alcanzalo determinarase un baremo de puntuación segundo os seguintes criterios e porcentaxes:

- NOTA MEDIA DO EXPEDIENTE ACADÉMICO 40%

- FORMACIÓN ESPECÍFICA NOS ÁMBITOS DAS NEUROCIENCIAS 15%

- MÉRITOS DE INVESTIGACIÓN 5%

- COÑECEMENTO DE INGLÉS 20%

- ENTREVISTA PERSOAL (ASPECTOS QUE SE VALORAR: MOTIVACIÓN, INTERESE, INICIATIVA, ACTITUDE, DISPOSICIÓN PARA APRENDER, EXPRESIÓN ORAL) 20%

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.