Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica

2023/2024

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

6 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Perfil de admisión recomendado

Dan acceso directo ao Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica os seguintes mestrados:

  • Mestrado Interuniversitario en Neurociencia polas Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.
  • Mestrado Universitario de Investigación en Psicoloxía Clínica y Psicobioloxía pola USC.
  • Mestrado Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola USC.

Poderan acceder tamén titulados noutros mestrados universitarios en Neurociencia, en Psicoloxía Clínica e da Saúde, en Psiquiatría ou outros do campo biomédico, así como persoas que teñan dous anos (avaliados positivamente) de formación sanitaria especializada en áreas relacionadas co mestrado (psicoloxía -PIR-, psiquiatría, neuroloxía -MIR-...).

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias.

A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias.

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Ciencias.

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función do expediente académico de grao/diplomatura/licenciatura e mestrado e da viabilidade da proposta da investigación a desenvolver. A estes efectos terase en conta:

  • a) Expediente académico de grao/licenciatura e mestrado de acceso
  • b) Afinidade do mestrado de acceso co Programa de Doutoramento
  • c) Resumo/anteproxecto da investigación que se pretende desenvolver, con indicación da liña de investigación do programa na cal se encadraría
  • d) Carta de referencia dun/ha profesor/a do programa de doutoramento que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule. En caso de que se prevea contar cun/ha director/a alleo/a ao programa, deberá presentarse preacordo de dirección por parte deste/a, acompañado de curriculum vitae que permita verificar o cumprimento dos criterios para ser director/a de tese establecidos pola universidade no seu regulamento de estudos de doutoramento; neste caso tamén se recomenda presentar proposta dun/ha titor/a do programa dentro da liña de investigación en que se encadre a proposta.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.