Programa Oficial de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

7 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O programa de doutoramento está aberto a Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes con titulación de Máster ou equivalente de acordo cos requisitos de acceso xerais aos estudos de doutoramento indicados no parágrafo anterior.
De acordo co RD 822/2021 polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, o perfil previo dos estudiantes débese encadrar nas ramas de coñecemento de enxeñaría e arquitectura ou de ciencias e dentro dos seguintes ámbitos establecidos no anexo I do dito real decreto:
– Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñería civil.
– Bioloxía e xenética.
– Bioquímica e biotecnoloxía.
– Ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentos.
– Ciencias biomédicas.
– Ciencias económicas, administración e dirección de empresas, márquetin, comercio, contabilidade e turismo.
– Ciencias ambientais e ecoloxía.
– Ciencias da Terra.
– Física e astronomía.
– Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación.
– Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñaría da navegación.
– Enxeñería informática e de sistemas.
– Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural.
– Matemáticas e estatística.
– Interdisciplinar.
En tódolos casos analizarase se o seu perfil de formación inclúe temáticas relacionadas con ecuacións diferenciais (ordinarias e parciais), técnicas de discretización numérica, modelización matemática, e simulación numérica de procesos industriais, da enxeñaría ou das ciencias aplicadas.
Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación (ver punto 3.4).
De forma orientativa, uns estudos de máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación será o Máster en Matemática Industrial ofertado pola USC, UDC, UVigo, Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), ou aquel que o substitúa, ou outro equivalente.
Requisitos de acceso específicos do programa
1.- No momento de solicitar a admisión, o candidato debe presentar un anteproxecto de teses avalado por un doutor que cumpra os requisitos para ser director de acordo coa normativa vixente e co regulamento de doutoramento da universidade en que vai realizar a súa matrícula. Con este fin, daranse facilidades ós solicitantes para que se poñan en contacto cos profesores do programa.
2.- É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) puidese exercer como persoa directora, en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso, ou como persoa titora da teses se a persoa directora de teses proposta no anteproxecto presentado, non é un profesor do programa e cumpre os requisitos requiridos para ser director.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
1.- Expediente académico (25%) determinado polas cualificacións obtidas no grao e máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).
2.- Coñecemento acreditado específico para o programa (15%). Valorarase que na súa formación previa (curricular ou extracorricular) cursase materias con alto contido en temáticas relacionadas coas liñas de investigación do programa. A modo de exemplo, con contidos en modelización matemática, análise matemática, métodos numéricos, optimización matemática, linguaxes científicas de programación, implementación de algoritmos, técnicas de redución /optimización de tempos de cálculo. A determinación desta cualificación farase en función dos programas das materias susceptibles de seren avaliadas que achegue o candidato, o número de créditos ECTS e a cualificación obtida.
3.- Valoración do anteproxecto de teses (15%). Valorarase a adecuación ás liñas do programa de doutoramento e o seu potencial orixinalidade e innovación científica.
4.- Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10%). Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións a congresos e outras contribucións científicas e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
5.- Experiencia profesional (10 %): Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.).
6.- Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10%). Neste punto valoraranse as estadías de investigación, premios obtidos, cursos realizados e cursos impartidos. Todos estes méritos deberán estar relacionados coas liñas de investigación do programa. Tamén se valorará o coñecemento de inglés de nivel B2 ou superior. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa de cada mérito.
7.- Entrevista persoal (15%): Neste punto valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc. Só serán chamados á entrevista persoal os que polo menos obtivesen un 15% / 15 puntos no punto 1, e un 8% / 8 puntos en cada un dos puntos 2 e 3.
Para ser admitido no programa de doutoramento débese acadar unha porcentaxe/puntuación mínima do 33% / 33 puntos e cumpri-los requisitos de acceso específicos do programa.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todas as persoas candidatas independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.
Admisión condicionada á realización de complementos específicos de formación.
De acordo co establecido no regulamento de estudios de doutoramento das universidades participantes no programa (Artigo 11 do Regulamento de estudios de doutoramento da USC, Artigo 5 do Regulamento de estudos de doutoramento da UDC e Artigo 17 do Regulamento de estudios de doutoramento da Universidade de Vigo), no caso de que o alumnado careza da formación logo de exixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación concretos para cada estudante que estableza a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) e que non poderán exceder os 15 créditos ECTS.
As condicións para a realización e superación dos complementos de formación serán as indicadas nos artigos mencionados do Regulamento de estudios de doutoramento da universidade en que o estudiante se encontre matriculado.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.