Programa Oficial de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso determina as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorando/as.
De forma xeral, poderán acceder a este Programa de Doutoramento, sen necesidade de realizar complementos de formación, alumnos/as que cursen algún máster adscrito aos ámbitos de coñecemento da Computación, a Informática, a Arquitectura e Tecnoloxía dos Computadores e a Intelixencia Artificial.
Tamén terán acceso ao programa sen cursar complementos formativos os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas nos ámbitos de coñecemento anteriormente mencionados.
No caso doutros perfís que non realizasen Máster necesitarasen unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos ós do máster que dá acceso directo.
Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non aos/as alumnos/as e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa exixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS.
Requisitos de acceso específicos do programa
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do/a estudante consistente nunha carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que avale a potencial viabilidade da futura teses no marco da liña de investigación a que se vincule, e que puidese exercer como director/a, en caso de cumpriren os requisitos necesarios para iso.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
· Expediente académico (35 %) determinado polas cualificacións obtidas no máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).
· Experiencia investigadora previa e os seus resultados (15 %): Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
· Experiencia profesional (10 %): Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.).
· Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10 %): Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa, o coñecemento de lingua estranxeira (inglés) de nivel B ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc. O nivel de inglés acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas
polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html.
· Adecuación do proxecto de investigación incluído no proceso de admisión á liña de investigación que corresponda do programa de doutoramento (10%).
· Entrevista persoal (20 %): Neste punto valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc.
Para a súa validez, os méritos deberán ser xustificados mediante documentación acreditativa.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.