Programa Oficial de Doutoramento en Investigación Agraria e Forestal

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

8 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Mestrados en "Enxeñeiro Agrónomo", "Enxeñeiro de Montes, "Ciencia, Tecnoloxía e Xestión Ambiental", "Biotecnoloxía Avanzada", "Enxeñaría da Auga","Arquitectura da Paisaxe Xoana da Veiga". Diploma de estudos avanzados (DEA) obtido en programas de doutoramento anteriores.

Os estudantes con titulacións sen homologar obtidas no estranxeiro poderán solicitar a súa admisión no programa de doutoramento a condición de que acrediten equivalente á do título oficial español de mestrado universitario. A admisión por esta vía non implicará en ningún caso a homologación do título expedido noutro país nin o seu recoñecemento para outros efectos.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias.

A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias.

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal do programa deberanse presentar na UADI da Facultade de Ciencias.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.