Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
8 prazas ofertadas no curso 2025/2026
O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorando/as.
Este programa dará acceso directo ós alumnos que teñan a titulación de máster vinculada a titulacións da área de Enxeñaría e Ciencias vinculadas ós ámbitos de coñecemento de ciencias agrarias e tecnoloxía dos alimentos, Ciencias ambientais e ecoloxía, ciencias da educación, ciencias da terra, a bioloxía e xenética, bioquímica e biotecnoloxía, Enxeñería informática e de sistemas, matemáticas e estatística, medicina, veterinaria e interdisciplinar, ciencias sociais, socioloxía, ciencias políticas, xeografía, farmacia, nutrición e dietética que configuran os coñecementos previos para realizalo. Recoméndase un bo nivel de inglés.
Requisitos de acceso específicos do programa
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) puidese exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, recoméndase que o candidato ou candidata debe ter acreditado un nivel adecuado de inglés, castelán ou galego non só para poder realizar a teses nalgunha das linguas comúns de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da teses, senón porque os cursos, tanto de formación específica como transversal, así como diversas actividades do programa, poden realizarse nestes idiomas.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Estes criterios permitirán realizar a selección de admitidos en caso de existir máis solicitudes que prazas.
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
• Expediente académico (60%) determinado polas cualificacións obtidas no grao e máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).
• Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10%): Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións a congresos e outras contribucións científicas e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
• Experiencia profesional (5%): Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (5%): Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa, así como o coñecemento de lingua estranxeira con nivel B1 ou superior, coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna, etc. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
• Entrevista persoal (20%): Neste punto valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc., en caso de que haxa máis demanda que oferta no programa de doutoramento.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todas as persoas candidatas independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: