Programa Oficial de Doutoramento en Física Aplicada

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

35 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O programa recibe solicitudes de admisión desde ámbitos de formación diversos. En termos xerais pódense distinguir dúas traxectorias de acceso diferentes cun peso case idéntico. En primeiro lugar, os procedentes de carreiras de ciencias básicas (Programas de Máster de ámbitos de Física, Química, Matemáticas, Ciencias do Mar, Ciencias Ambientais) ou de ciencias da saúde (Medicina, Farmacia). Por outra parte, atópanse os procedentes de formación de enxeñerías (Industrial, Telecomunicacións, Minas, Enerxía, Materiais, Camiños). Esta diversidade formativa vénse repitindo desde os primeiros anos de implantación do doutoramento en Física Aplicada, mesmo antes da normativa actual, o que fai que o programa tivese e manteña un alto grao de atractivo para egresados de diversos campos científicos e tecnolóxicos, que atopan no programa acollida e os medios materiais e científicos para iniciar con éxito as súas carreiras investigadoras mediante o desenvolvemento dunha teses doutoral.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) poida exercer como persoa directora ou titora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso.
A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento que vaian acompañadas como condición previa da carta de referencia anteriormente citada, en función dos seguintes criterios:
• Expediente académico (40% / 4 puntos). determinado polas cualificacións de grao, máster, DEA ou
suficiencia investigadora.
• Experiencia investigadora previa (30 % / 3 puntos). Valoraranse publicacións, contribucións a
congresos, etc., e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa
• Experiencia profesional (10% / 1 punto). Valorarase a experiencia profesional (contratos, bolsas, etc.)
relacionada coas liñas de investigación do programa
• Coñecemento de idiomas (10% / 1 punto) Valorarase o coñecemento de linguas estranxeiras de nivel
B1 ou superior, e o coñecemento doutros idiomas distintos da lingua materna. Darase preferencia a
a competencia en inglés por se-la lingua de maior uso e difusión no ámbito científico.
• Outros (10% / 1 punto)
Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a tempo completo como a tempo parcial. Para ser admitido no programa de doutoramento débese acadar unha porcentaxe/puntuación mínima do 70 % / 7 puntos.
• Admisión condicionada á realización de complementos específicos de formación
De acordo co establecido no Artigo 17 do Regulamento de estudios de doutoramento da Universidade de Vigo, no caso de que o alumnado careza da formación previa exixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación concretos para cada estudante que estableza a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) e que non poderán exceder os 15 créditos ECTS.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.