Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Literarios

2023/2024

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

12 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Perfil de admisión recomendado

O Programa de Doutoramento de Estudos Literarios está orientado aos licenciados/as procedentes de titulacións de Filoloxía e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, así como a graduados/as en estudos literarios de español e/ou galego, e por afinidade á rama de artes e humanidades, non estabelecendo ningunha diferenciación ou prioridade sobre a procedencia académica dos/as solicitantes. Se o alumno/a procedese dalgúns dos mestrados relativos a estudos de carácter literario, a admisión ao doutoramento será automática, sen necesidade de realizar complementos de formación.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, a Comisión efectuará unha selección tendo en conta os seguintes aspectos e as porcentaxes asignadas: a) Expediente académico de licenciatura / grao (50%) b) Currículo vítae (30%) c) Memoria explicativa dos motivos e obxectivos que persegue a incorporación a este programa de doutoramento (20%). A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Filoloxía. A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. A reclamación á listaxe provisoria dirixirase á UADI da Facultade de Filoloxía. A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do centro.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.