Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

2026/2027

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso a este programa de doutoramento está orientado cara a aquelas persoas que desexen realizar a súa teses doutoral no ámbito da lingüística ou das linguas galega, portuguesa ou española, así como a lingua de signos española (LSE) ou, eventualmente, no ámbito dalgunha outra lingua.
A formación adecuada para optar á realización deste programa de doutoramento sitúase, en primeiro lugar, en itinerarios de grao e máster de Lingüística ou aquees que integren o estudo en profundidade dalgunha destas linguas: español, galego ou portugués, como nas tradicionais titulacións de Filoloxía Española, Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa, xa sexa en titulacións españolas ou estranxeiras sempre que se cumpran os requisitos de acceso. En segundo lugar, poderanse ter en conta outros itinerarios relacionados coas linguas e a lingüística, desde disciplinas como a traducción e interpretación, a educación, a psicoloxía, a comunicación ou as tecnoloxías da linguaxe. No caso destes perfís mixtos, a admisión estará condicionada a cursar 6 ECTS en complementos de formación nun máster de Lingüística, preferentemente no Master Interuniversitario de Lingüística Aplicada (MILA), cuxa páxina web se pode visitar no seguinte enlace: https://mila.uvigo.gal/gl/
Para estudantes procedentes de países ou rexións de ámbitos lingüísticos diferentes ao hispano e o lusófono, repórese unha competencia mínima en español, galego ou portugués equivalente a un B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).
Recoméndase que as persoas candidatas teñan, como mínimo, un nivel B1 do MCER doutra lingua distinta das mencionadas na epígrafe precedente, especialmente inglés, ou ben outra lingua románica (francés, italiano, etc.). Se non o alcanzan no momento da solicitude de admisión, o poderán acreditar durante o primeiro ano de estudos de doutoramento.
Tamén será necesario presentar, por escrito, unha declaración de intencións sobre un posible proxecto ou tema de teses, a liña de investigación en que lles gustaría traballar ou a saúde(es) para desenvolver especificamente esa labor investigadora.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:
  • Expediente académico (20% estudos de grao; 30% estudos de máster; en total, 50%).
  • Experiencia investigadora previa (5%)
  • Aval ou carta de referencia dun investigador ou investigadora do programa indicando (i) a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa e (ii) que pode exercer como persoa directora e que cumpre os requisitos que se especifican no artigo 10 do Regulamento de Doutoramento da Universidade de Vigo ou o artigo 12 do Regulamento da Universidade da Coruña (40% / puntos).
  • Outros (5% / puntos)
Para a admisión no programa de doutoramento débese alcanzar unha porcentaxe mínima do 60%. A CAPD poderá realizar unha entrevista persoal para despexar dúbidas sobre aspectos concretos dos méritos acreditados para a solicitude.
Os méritos débense acreditar documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a tempo completo como a tempo parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.