Programa Oficial de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

8 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudante que desexa acceder ao PDEIO e, como consecuencia, as titulacións de acceso máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorando/as.
1. Perfil de ingreso directo (sen complementos de formación). De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso ao PDEIO sen complementos de formación serán os do Máster en Técnicas Estatísticas, ofertado de maneira conxunta por USC, UDC e UVigo. Tamén terán acceso sen complementos os estudiantes con suficiencia investigadora ou co título de DEA obtidos a través de programas anteriores de doutoramento en Estatística e investigación operativa en calquera das tres universidades participantes.
2. Perfil de ingreso distinto ao do punto anterior. No caso de alumnos que realizasen algún máster distinto do anterior, a CAPD avaliará de forma individualizada cada caso e considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (ata 15 ECTS) cando na súa formación anterior non cursasen polo menos 60 ECTS en materias afíns ás liñas de investigación do PDEIO e pertencentes, ben á área de estatística e investigación operativa, ou ben ó ámbito de coñecemento de Matemáticas e Estatística. En ámbolos casos, os ditos créditos deberán ser, segundo o xuízo da CAPD, equiparables a nivel de Máster (MECES 3). Finalmente, no caso de alumnos que non realizasen estudos de Máster necesitarase unha equivalencia de formación en nivel de Máster (MECES 3) de polo menos 60 ECTS preferentemente na área de Estatística e investigación operativa ou no ámbito de coñecemento de Matemáticas e Estatística. Esta equivalencia será determinada pola CAPD.
Requisitos de acceso específicos do PDEIO
É requisito obrigatorio para a admisión no Programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que i) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que ii) puidese exercer como persoa directora en caso de que o candidato ou candidata acabe sendo admitido no Programa.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Para ser admitido no PDEIO será necesario ter unha puntuación superior a 8 nunha valoración sobre 10 do expediente académico e currículo dos solicitantes. En caso de que o número de solicitudes que cumpran os requisitos de admisión supere o número de prazas, a selección de admitidos realizarase por rigorosa orde de puntuación.
Aplicaranse os mesmos criterios a todas as persoas candidatas, independentemente de que a súa dedicación vaia ser a tempo completo ou parcial.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.