Programa Oficial de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

8 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

O mestrado que permitirá o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación será o Mestrado en Técnicas Estatísticas ofertado pola USC, UDC e UVigo. Tamén terán acceso directo no programa os estudantes con suficiencia investigadora ou co título de DEA obtidos a través dos programas anteriores de doutoramento en Estatística e Investigación Operativa nas tres universidades participantes (USC, UDC e UVigo). Perfil de ingreso con mestrado diferente ao do apartado anterior: No caso de alumnos que realizasen algún mestrado distinto do anterior, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) avaliará de forma individualizada cada caso e considerará a posibilidade de pedirlles a realización de complementos de formación (ata 15 ECTS) cando na súa formación anterior non cursen polo menos 60 ECTS na área de Estatística e Investigación Operativa de nivel de mestrado segundo o xuízo da CAPD. Outros perfís: No caso de alumnos que non realizasen mestrado necesitarase unha equivalencia de formación en nivel equivalente de, polo menos, 60 ECTS preferentemente na área de estatística e investigación operativa. Esta equivalencia será determinada pola CAPD. Alumnos con titulacións estranxeiras: os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de mestrado universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na Unidade de Apoio á Docencia e Investigación (UADI) da Facultade de Informática. A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitivas do alumnado admitido no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Informática. A solicitude de matrícula a tempo parcial, de cambio de modalidade de matrícula e de baixa temporal no programa deberán presentarse na UADI da Facultade de Informática.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.