Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
6 prazas ofertadas no curso 2024/2025
Terán admisión preferente os estudantes en posesión dos títulos oficiais de que permitan o acceso ao doutorado segundo a normativa vixente, do ámbito tecnolóxico ou con contidos afíns á Enerxía e Propulsión Mariña. En particular, o perfil de ingreso recomendado recolle unha serie de competencias adquiridas previamente como son:
As devanditas competencias están recollidas por diversos estudos de Máster oficial de ámbito tecnolóxico, como é o caso do Máster en Enxeñaría Mariña.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI (Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación) do centro. A Comisión Académica publicará as listaxes provisionais e definitivos do alumnado admitido na web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisional dirixiranse á UADI do centro. A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberán presentarse na UADI do centro.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: