Programa Oficial de Doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Véxase a páxina web: http://www.doctoradodai.com/.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante. A documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Dereito da Coruña.

A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento.

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Dereito.

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Dereito.

A asignación de prazas realizarase atendendo á seguiente distribución de prazas:

  • - Cada universidade disporá da reserva dunha praza no DAI. Para a súa asignación, deberá ordenar as solicitudes que recibira conforme os criterios anteriormente estabrecidos e remitir unha proposta motivada á CAPD.
  • - A Universidade da Coruña, en calidade de Universidade coordinadora, disporá de cinco prazas.
  • - Se algunha das universidades non fixese uso da súa praza reservada, por non dispor de candidatos, a CAPD asignará as prazas vacantes aos estudantes mellor puntuados de acordo cos criterios xerais de admisión.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.