Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
4 prazas ofertadas no curso 2025/2026
O perfil de ingreso a este programa de doutoramento está especialmente orientado aos que superasen as seguintes titulacións relacionadas coas ciencias experimentais. Ciencias da saúde ou ciencias da vida: licenciados ou graduados en biotecnoloxía, bioloxía, química, bioquímica, ciencia e tecnoloxía dos alimentos, farmacia, medicina, veterinaria, enfermería, fisioterapia, ciencias ambientais, ciencias do mar, Enxeñería Química ou Agrónoma e completado estudos de Máster en temáticas afíns que poidan dar unha formación previa suficiente para acceder a estudos de doutoramento no eido da Biotecnoloxía. A CAPD poderá considerar novos títulos de grao, non existentes no RUCT actualmente e que se incorporen nun futuro próximo, como titulacións prioritarias equivalentes ás descritas. Ademais, exixirase aos aspirantes, como requisito previo, superar unha proba (equivalente ou superior ao nivel de coñecemento B1 do MCERCL), que realizará a CAPD, sobre comprensión de inglés científico‐técnico.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:
Avaliarase cada solicitude con base na seguinte información, que debe xuntar á solicitude de admisión:
1. Curriculum vitae do solicitante, tendo en conta a titulación de acceso e a súa formación previa (45 %).
2. Carta con declaración de xuros sobre o programa de doutoramento onde debe expo-las motivacións do estudiante para escoller este programa de doutoramento e a/s liña/s de investigación de interese en caso de ser admitido nel (20 %).
3. Carta de recomendación e compromiso de supervisión por parte dun investigador adscrito ás liñas propostas polo estudante (35 %).
4. Opcionalmente, realizaranse unha (ou varias) entrevistas persoais (de maneira online e/ou presencial). O obxectivo das entrevistas é a valoración das características do solicitante en canto ao perfil de ingreso, así como a adecuación dos seus intereses ás liñas de investigación dos grupos adscritos ó programa de doutoramento.
Serán necesarias naquees casos nos cal a documentación achegada xere dúbidas nalgún dos méritos alegados ou en caso de empate entre varios candidatos. Necesítase unha puntuación mínima dos 3 primeiros puntos superior ao 65 %
En todo caso teranse en conta as necesidades educativas especiais de estudiantes derivadas de discapacidade.
Baremo do Curriculum vitae da Comisión Académica do Programa de Doutoramento:
Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes:
1. Ldo./Graduado con estudos de Máster en temáticas afíns ao ámbito da Biotecnoloxía (Nota: Nota media x 1).
2. Ldo./Graduado en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Biotecnoloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Enfermería, Fisioterapia, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma con estudos de Máster en temáticas non afíns ao ámbito da Biotecnoloxía (Nota: Nota media x 0,75).
3. Ldo./Graduado en titulacións diferentes ás recollidas no número 1 e 2 con Estudos de Máster en temáticas afíns ao ámbito da Biotecnoloxía (Nota: Nota media x 0,5).
4. Ldo./Graduado en titulacións diferentes ás recollidas no número 1 e 2 con Estudos de Máster en temáticas non afíns ao ámbito da Biotecnoloxía (Nota: Nota media x 0,25).
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: