Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñaría Civil

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

22 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderán ser admitidos no POD os que cumpran as condicións de acceso explicitadas no punto anterior e se encontren nalgunha das seguintes situacións:
  • Posúen titulacións de grao e máster que se enmarcan na rama de coñecemento Enxeñaría e Arquitectura. 
  • Posúen titulacións de grao e máster que se enmarcan no ámbito de coñecemento establecido no anexo I do RD 822/2021: Arquitectura, construción, edificación e urbanismo, e enxeñería civil.
  • Posúen titulacións de grao e máster, competencias, capacidades e coñecementos previos relacionados coa Enxeñaría e profesións afíns, a construción e a enxeñaría civil en particular.
  • Obtiveron o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.
A CAPD poderá considera-la admisión de solicitantes que non se encontren en ningunha das situacións anteriores, sempre e cando posúan titulacións de grao e máster, competencias, capacidades e coñecementos previos noutros ámbitos que lles permiten iniciar unha teses doutoral no marco dalgunha das liñas de investigación do POD.
En todos os casos o estudante debe mostrar interese por algunha das liñas de investigación do POD.
O perfil de ingreso recomendado é o de quen estea en posesión da titulación oficial de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, a titulación oficial de Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, unha titulación oficial de nivel equivalente a un Máster Universitario no ámbito da enxeñaría civil, ou unha titulación oficial de nivel equivalente a un Máster Universitario no ámbito da construcción ou noutras ramas de a enxeñería.
Os casos que non se axusten estritamente a este perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, que poderá proceder ou non á admisión, e establecer se é o caso complementos específicos de formación.
Con carácter xeral, para a realización destes estudos recoméndase posuír un nivel mínimo comparable ao B1 en español ou galego e un nivel comparable ao B2 en inglés.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

  • Carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que poida dirixi-la teses, para o que deberá cumpri-los requisitos necesarios de acordo coa lexislación e a normativa vixentes. A carta de referencia debe avalar: I) a adecuación da formación previa do solicitante para realizar os seus estudos neste POD, e II) a viabilidade da futura teses no marco dalgunha das liñas de investigación do POD e o seu interese para o programa.
  • Coñecemento de idiomas. Requirense competencias lingüísticas mínimas en español ou galego e un coñecemento de inglés equivalente ao nivel B1, por ser a lingua común de comunicación científica no ámbito da teses. Por este motivo, recoméndase un nivel comparable ao B2 en inglés.
O alumnado estranxeiro de países alleos aos ámbitos lingüísticos galego e/ou castelán deberá acreditar un coñecemento mínimo de galego e/ou castelán equivalente ao nivel B1. No caso en que só se poida comunicar mediante a lingua estranxeira que é de uso común para a comunicación científica no ámbito da teses, o programa deberá asegurar a súa supervisión e dirección de teses no dito idioma.
Os niveis de coñecemento lingüístico acreditaranse preferentemente mediante unha das certificacións oficiais da listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas da UDC para os distintos niveis do marco común europeo: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf
Non obstante, a CAPD poderá valora-lo coñecemento de idiomas mediante outros indicadores, considerando as circunstancias e a traxectoria persoal, académica e profesional dos solicitantes.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.