Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñaría Civil

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

22 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso recomendado é o dun alumno que ten un mestrado en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, un mestrado universitario na área da enxeñería civil ou unha titulación equivalente, no marco do Espazo Europeo de Educación Superior. Tamén se considera como como o perfil de ingreso recomendado o dun estudante en posesión do título de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos que estea nas condicións de acceder ao programa de doutoramento, de acordo coa lexislación vixente. En todos os casos o alumno debe mostrar interese pola investigación na área de enxeñería civil, en calquera dos ámbitos que lle son propios.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI (Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación) do Centro. A Comisión Académica publicará as listaxes provisional e definitiva do alumnado admitido na web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisional se dirixirá á UADI do/a Centro. A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do/a Centro.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.