Programa Oficial de Doutoramento en Dereito

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:

  • Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas.
  • Ámbito/s de coñecemento: Dereito e especialidades xurídicas.
  • Titulacións de acceso: Licenciatura ou grao en dereito e titulacións equivalentes (por exemplo, Administración e dirección de empresas, Economía, Relacións internacionais, criminoloxía, ciencia política, filosofía, historia, etcétera, unicamente para aquees solicitantes que desexen desenvolve-la súa investigación doutoral no ámbito de materias xurídicas híbridas ou aquelas en que actualmente se avanza na dirección dunha investigación de carácter interdisciplinar).
  • Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: idiomas de uso habitual no ámbito científico, especialmente da área na que se vai desenvolver a investigación.
  • Ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.
  • Estar en posesión doutro título de doutor.

Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Dereito. Con carácter particular, os interesados deberán achegar unha carta de motivación, na que se indique a xustificación persoal e profesional pola que se solicita o ingreso no programa, o tipo de dedicación que se prevé para a realización da tese (parcial ou completa) e a/s liña/s de investigación, entre as que se mencionan neste documento, así como o compromiso dun profesor de dirección da tese de doutoramento, no seu caso.

A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Dereito.

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Dereito.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.