Programa Oficial de Doutoramento en Computación

2024/2025

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2024/2025

Perfil de admisión recomendado

Unha vez cumpridos os requirimentos de acceso ao doutoramento, requírese un perfil recomendado de ingreso orientado a titulacións universitarias do ámbito da informática. Considerarase como vía de acceso directa a posesión do título de Mestrado en Enxeñaría Informática da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Informática. A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento e no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Informática. A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Informática.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.