Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias da Saúde

2025/2026

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.

30 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Perfil de admisión recomendado

O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:

  • Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde, Ciencias e Ciencias sociais e xurídicas
  • Ámbito/s de coñecemento: Medicina e odontoloxía, Enfermería, Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia, ademais de Actividade física e ciencias do deporte, bioloxía e xenética, bioquímica e biotecnoloxía, ciencias biomédicas, ciencias do comportamento e psicoloxía, ciencias sociais, traballo social, socioloxía, Farmacia.
  • Competencias, capacidades e coñecementos previos: aspectos básicos sobre investigación.
  • Titulacións de acceso: graos e másteres da área de ciencias da saúde, ciencias e ciencias sociais e xurídicas.
  • Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: coñecemento básico de inglés (capacidade para a lectura de textos científicos en inglés)
  • Ter obtido o título de DEA en programas similares a este programa de doutoramento.

Os casos que non se axusten ao perfil de ingreso serán estudados pola CAPD, podendo proceder ou non á admisión, e establecer complementos específicos de formación

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí. 

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Criterios de admisión:

A selección de estudantes, tanto a tempo completo como parcial, realizarase segundo os seguintes criterios:

  1. Anteproxecto de tese, adecuación ás liñas de investigación  e aval dun/a posible director/a (50%). Valorarase a xustificación da proposta, obxectivos, metodoloxía e viabilidade. Outorgarase a máxima puntuación no caso de aval dun/a profesor/a do programa. Será requisito de admisión unha puntuación do 30% neste criterio.
  2. Expediente académico (20%), ponderable segundo a afinidade ás liñas de investigación do programa
  3. Bolsas ou contratos de investigación predoctorais (10%), en convocatorias competitivas.
  4. Experiencia profesional e publicacións previas (10%). Publicacións en JCR (10%) e SJR (5%), ponderables segundo a súa adecuación ás liñas de investigación. 
  5. Idioma estranxeiro (10%): nivel igual ou superior a B2 ou equivalente acreditado
Os méritos deben acreditarse documentalmente. 

Documentación a presentar:
  • Anteproxecto de tese e, se é o caso, proposta de dirección e aval.
  • Se é o caso, formulario das persoas directoras ou codirectoras co cumprimento de requisitos de dirección/codirección
  • DNI ou pasaporte
  • Títulos universitarios oficiais e certificación académica con nota media.
  • Se é o caso, certificación da formación sanitaria especializada
  • Currículo vitae (CV) breve e documentación acreditativa dos méritos. 

A documentación debe ser cotexada na UADI/UXAI presentando, salvo documentos con código de verificación segura (CSV). 

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.