Máster Universitario en Bioloxía Mariña

2023/2024 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Teñen preferencia as persoas graduadas/licenciadas en Bioloxía ou Ciencias Mariñas. De xeito non-preferente, admítese alumnado doutras ciencias ou de Ciencias da Saúde.

Requisitos de acceso comúns

Non hai requisitos especiais.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

10 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Criterios e procedementos de admisión

A selección do alumnado faise de acordo coa seguinte información, que debe acompañar a solicitude de admisión:

(1) curriculum vitae (ata ó 90% da nota)

  • Expediente académico (ata o 65 % do CV)
  • Experiencia Investigadora en Bioloxía (ata o 15% do CV). Colaboración en proxectos de investigación, en campañas oceanográficas, publicacións científicas, comunicacións a congresos e estancias de investigación
  • Experiencia Profesional relativa á Bioloxía (ata o 15% do CV). Prácticas en empresas ou institucións, non incluídas previamente no expediente académico. Contratos en empresas e institucións
  • Outros méritos (ata o 5% do CV). Consideraranse méritos formativos diversos, tales como cursos, bolsas, asistencia de ciclos e xornadas, premios, idiomas, outras titulacións, e outros méritos que o solicitante considere apropiado achegar.

(2) unha carta cunha declaración persoal de interese no mestrado (ata o 5% da nota). Texto libre cunha extensión mínima de 200 palabras

(3) unha carta de recomendación (ata o 5% da nota). Escrito de referencia e apoio ao estudante, emitido preferentemente por un ex-profesor do mesmo

(4) entrevista (opcional). de maneira presencial e/ou a través de videoconferencia ou do correo electrónico). O obxectivo desta entrevista é valorar o interese do alumno solicitante no mestrado, aclarar posibles dúbidas na documentación ou méritos achegados e permitir o desempate de puntuación entre varios candidatos.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: