Máster Universitario en Cronicidade e Novos Modelos de Atención Sociosanitaria

2026/2027

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Requisitos de acceso comúns

As persoas estudantes que desexen ser admitidas nos estudos deberán estar en posesión dos títulos de graduado/licenciado/diplomado especificados a continuación, segundo a especialidade:

• Especialidade: Rehabilitación Funcional en cronicidade, discapacidade e dependencia o Graduados/Licenciados/Diplomados en Fisioterapia, Terapia Ocupacional, Enfermagem, Logopedia, Medicina e Podoloxía

• Especialidade: Intervención Psicosocial na cronicidade, discapacidade e dependencia o Graduados/Licenciados/Diplomados en Psicoloxía, Educación Social, Traballo Social, Terapia Ocupacional, Logopedia, Socioloxía e Dereito

• Especialidade: Intervención, Innovación e Investigación en FN o Graduados/Licenciados/Diplomados en Fisioterapia

A Comisión Académica do Máster avaliará a adecuación daqueles casos non recollidos na relación anterior.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

Criterios e procedementos de admisión

O procedemento de admisión e matrícula nas titulacións de máster na UDC descríbese na Normativa de Xestión Académica, aprobada anualmente. As competencias en materia de admisión son responsabilidade da Comisión de Selección e Admisión de Estudantes, que terá a composición e funcións determinadas na Normativa de Xestión Académica.

Os baremos para o procedemento de admisión basearanse nos seguintes aspectos:

Adecuación da titulación de acceso aos contidos do máster.

Expediente académico.

O primeiro destes criterios é excluínte, de modo que os candidatos para os que se estableza a non adecuación do título de acceso quedarán excluídos. Para o resto, o expediente académico será o criterio de selección.

Todos os documentos relativos ao proceso de admisión e matrícula na UDC (normativas, calendarios, etc.) poden consultarse en: https://www.udc.es/es/normativa/academica/

Número de prazas reservadas por especialidade:

Rehabilitación Funcional na CDD: 10 prazas

Intervención Psicosocial na CDD: 15 prazas

Intervención, Investigación e Innovación en FN: 10 prazas

Procedemento de admisión: nota media do expediente académico e adecuación da titulación de acceso.

No caso de que queden vacantes nalgunha especialidade, cubriranse as prazas co estudantado en lista de espera doutras especialidades, ata un máximo de 20 prazas por especialidade e sempre que o perfil das titulacións se adecúe á especialidade de destino.

Se non se cubren todas as prazas nas especialidades de Rehabilitación Funcional na cronicidade e dependencia e en Intervención Psicosocial na cronicidade e dependencia coas titulacións preferentes, poderán admitirse estudantes doutras titulacións universitarias con potencial grao de implicación na atención sociosanitaria en CDD, sempre que a comisión académica determine a adecuación do título ao acceso ao máster.

Prazos

Os prazos de preinscripción en estudos de máster universitario oficial son aprobados polo Consello de Goberno da UDC, e poden consultarse na seguinte páxina web.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces: