Máster Universitario en Ensinanza de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua

2025/2026 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES que soliciten acceso ás ensinanzas oficiais de másteres universitarios que habilitan para o exercicio de profesión regulada, necesariamente deberán ter o seu título homologado ou declarado equivalente polo ministerio competente.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

O perfil recomendado corresponde a persoas graduadas interesadas na especialización en ensino de español como lingua estranxeira e segunda lingua. Recoméndase contar con coñecementos avanzados de lingua española, formación básica en lingüística e cultura hispánica, capacidade de análise e síntese, habilidades para o traballo en equipo e interese pola docencia, a investigación e a innovación educativa. O programa resulta especialmente adecuado para persoas graduadas en áreas de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas que desexen desenvolver a súa actividade profesional ou investigadora no ámbito do español como lingua estranxeira e segunda lingua.

Requisitos de acceso comúns

O acceso ao máster rexerase polo disposto no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, e pola normativa de acceso e admisión aos estudos oficiais de mestrado das universidades participantes. As persoas solicitantes deberán estar en posesión dun título universitario oficial que permita o acceso a estudos de mestrado.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na UDC. Consulte a páxina de másteres, para maior información. 

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

8 prazas ofertadas no curso 2025/2026

Criterios e procedementos de admisión

A admisión será resolta pola Comisión do Título do mestrado de acordo cos requisitos xerais de acceso e co perfil de ingreso recomendado. O estudantado que non teña o español como lingua materna deberá acreditar un nivel C1 mediante certificado oficial DELE ou SIELE Global. No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas, a selección realizarase atendendo ao expediente académico (ata o 60 %), ao currículo (ata o 25 %) e á adecuación da titulación de acceso ao perfil de ingreso do mestrado (ata o 15 %).

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

A admisión ao mestrado rexerase pola normativa de acceso e admisión das universidades participantes e polos acordos da Comisión do Título. O procedemento, o calendario, a composición da comisión de admisión e o baremo de valoración das solicitudes publicaranse na páxina web do mestrado..